Unha vez que inicias o camiño na impresión 3D queres sacarlle máis partido a túa impresora 3D, a do teu centro ou espazo creativo. Cando comezamos na impresión podemos quedar atónitos horas e horas vendo como a máquina extrúe o filamento, seguramente lembras a túa primera impresión e a emoción de comprobar como aquel churriño
Benvidos e benvidas ao novo plan de formación do profesorado que xa está publicado dende finais do curso pasado. Todos e todas sabemos que é bastante complicado atopar o curso que desexamos en FProfe, as veces perdemos moito tempo buscando e filtrando información, enterámosnos moi tarde o a información chega por outras canles alternativos. Co
CanSat é unha iniciativa da Axencia Espacial Europea que desafía a estudantes de toda Europa a construír e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco. O gran desafío para eles é adaptar todos os subsistemas principais que se atopan nun satélite, como a fonte de enerxía, os sensores e os sistemas de
Non é un adeus, é un ata logo, iniciamos un período de desconexión dixital moi necesaria para seguir traballando con forza. Pechamos portas e abrimos xanelas a novos aires formativos. Pechamos un ciclo, co plan de formación do curso 2020.-2021 cheo de cambios, problemas, solucións e intencións renovadas e abrimos outro novo cun completo plan
Os espazos educativos están a sufrir unha gran transformación para adaptarse ás novas modalidades de aprendizaxe. As aulas, os corredores, as entradas, os patios, etc. todos son espazos aproveitables para configurar un recuncho de traballo agradable, vérsatil e creativo. Os espazos formativos non son alleos a estes novos cambios, precisan tamén dunha actualización. No CAFI
A educación está a cambiar a unha velocidade vertixinosa introducindo conexións coa realidade social de tal forma que nos permita avanzar cara unha sociedade tecnolóxica, ben formada, cun pensamento crítico ben desenvolvido e preparada para facer fronte os retos futuros que poidan atoparse. En Galicia, damos un gran paso adiante ao introducir a Intelixencia Artificial
Nas xornadas virtuais de Educación Dixital organizadas polo CAFI no pasado 8 de maio tivemos a gran sorte de compartir a nosa experiencia en Olladas Caleidoscópicas dende tres perspectivas: A ollada da facilitación. A ollada da participación A ollada da observación Son tres olladas diferentes pero complementarias que deron forma a esta actividade de creación
Para finalizar a xornada educativa da Maker Faire Galicia 2021 publicamos os proxectos premiados neste reto argalleiro. Foi moi complicado decidir porque todos os presentados tiñan moitísima calidade e resolveron de unha maneira inxeniosa as dificultades que foron xurdindo. A madriña do reto, a gran maker galega Paola Guimeráns, experta en e-textiles estivo moi atenta
Lembras a Pelegrín? Foi a pequena mascota xacobea no ano 1993, o seu éxito foi contar cun deseño de formas sinxelas e cores chamativos que tivo moita pegada. Pasaron os anos e agora tes a oportunidade de darlle nova vida reinterpretando o deseño orixinal. E-téxtiles, corte láser, materiais reciclados, electrónica, etc. todo vale neste #hackobeo, aceptas
A Maker Faire volta a Galicia, este ano cunha xornada exclusiva de educación, o día 4 de xuño, onde atoparemos de xeito vitual mesas redondas temáticas, obradoiros prácticos e moitas actividades para docentes e alumnado. Entre os obradoiros destacan os seguintes: Obradoiro Alquimistas do plástico. Impartido por Alquimétricos aprenderás sobre economía circular e a través