Celebramos o Día do Libro Infantil o 3 de abril con Larraitz e as súas historias dos distintos tipos de familias que podemos encontar. Pasamolo ben e a finais deste mes faremos a festa do cumpreanos de Andersen.
Na BPM Mugardos festexamos o Día do Libro Infantil escoitando os contos de Dada o duende, da man de Patricia Martínez (Eduvía: Vías para a educación).
Tres historias con trasfondo de igualdade nas que os nenos e nenas poideron interactuar, cantar, bailar… e aprender!
Pavís Pavós contaron unha serie de contos nos que os nenos aprenderon a ser máis tolerantes e respetuosos.
A Biblioteca do IES Val do Asma de Chantada acolleu unha actividade de coñecemento da vida e obra dun dos grandes pintores dos S.XIX-XX, Vincent Van Gogh, titulado “UN DÍA CON VAN GOGH”, na que participou o alumnado de Carballedo e Chantada, de 1º e 3º da ESO.
A compañía Crearte, que foi quen impartiu o obradoiro fixou unha sesión teórico-práctica na que se lles amosaron ós/ás rapaces unha pequena mostra das obras deste singular artista, así como algunhas características da súa pintura e anécdotas da súa intensa e curta vida.
O pasado xoves 3 de abril a Biblioteca Pública Municipal “Irmáns Ricoi” de Campo Lameiro celebrou o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil co contacontos “Contos que deixan pegada”, levado a cabo pola Compañía Pavís Pavós.
Unhas 50 persoas, entre nen@s e os seus pais, achegaronse ata o Auditorio do Centro Sociocultural Sobrino Buhígas para escoitar e gozar cos contos que Tareixa e Jacobo tiñan na súa maleta e que lograron captar a atención tanto dos cativos como dos maiores.
“XAN PERILLÁN E A MALETA MÁXICA” CON MONICREQUES DAS KUKAS NA BPM. DE QUIROGA. ACTIVIDADE QUE CONTOU CON GRAN AFLUENCIA DE PÚBLICO TANTO ADULTO COMA INFANTIL. A MISTURA DE CONTACONTOS E TRUCOS DE MAXIA DIVERTIU A NENOS E MAIORES.
O mércores 2 de abril os alumnos de 3º de Primaria do Centro Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos estiveron en BIBLIOPAZOS “Xogando coas letras”.
“Xogando coas letras” é un obradoiro creativo que foi realizado por Patricia Martínez e Mila de EDUVIA centrada na figura de Xosé María Díaz Castro, poeta homenaxeado neste ano 2014 no Día das Letras Galegas.
Aproveitamos a ocasión para celebrar tamén o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL que se celebra tódolos anos dende 1.967 o día 2 de abril para conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen y co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Durante unha hora e media celebramos este día tan especial e gozamos moitísimo xogando coas palabras e aprendendo a formalas en moitos idiomas de xeito cooperativo, traballando en grupo e dunha forma moi divertida e dinámica.
O xoves 3 de abril 40 nenos e nenas gozaron dunha sesión de contacontos ao revés : a princesa non quere ser princesa , como na canción de Sabina, a Carapuchiña Vermella non é un ser indefenso , o Lobo Feroz está máis interesado na moda que en devorar nenas no bosque e Brancaneves tense que poñer a estudar para formar parte dun grupo musical.
A actuación foi todo un éxito de asistencia e o público, rapaces e rapazas e os seus acompañantes, quedaron moi satisfeitos.

A Rosalía” foi unha activadade en lembranza de Rosalía de Castro.
Celebrouse o 24 de febreiro cadrando ca data do seu pasamento.
Participaron nenos dos dous colexios de infantil e primaria
e adultos usuarios da Biblioteca.
Deuse lectura á partida de nacemento de Rosalía, á acta de matrimonio,
e a algunhas cartas das que parece desprenderse que ela e Murguía non eran
unha parella moi ben avida. Rematouse coa lectura da acta de defunción.
Mentres tanto, nenos e maiores ían lendo poemas de “Cantares Gallegos”
A música correu a cargo de Mini e Mero. O remate foi do profesor de
violín do conservatorio de música con “Negra sombra”.
A actividade foi retransmitida en directo pola Radio Local
Escairón, 4 de abril de 2014 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil este venres fedellando con OINK!.
A primeira sesión dos obradoiros Fedella con OINK! levounos a coñecer o mundo da arqueoloxía da man de Andrea e Marcos.

Preparamos o terreo cunha grella e seguimos os pasos científicos para facer unha excavación arqueolóxica. Despois de rexistrar todas as cousas que atopamos, tratamos de averiguar que son e que significan os nosos achádegos .

Desciframos un xeroglífico exipcio (do mesmo xeito que as claves reveladas pola “Pedra de Rosetta”) e xuntando todos os fósiles atopados durante a nosa excavación descobrimos que eran os restos de dous dinosauros.

Tamén atopamos sinais da ocupación prehistórica e romana no noso territorio. E por suposto, restos de lixo deixados polo home actual.
De recordo levamos tamén un exemplar de OINK!, a Revista do Xabarín Club.


Séguenos