O pasado 15 de maio co gallo da semana das letras galegas visitou a Axencia de Lectura Municipal de Xinzo en Ponteareas Pinga Teatro co espectáculo o Recuncho dos Contos.
Viñeron moitos nenos que quedaron moi satisfeitos coa actuación pois foi animada e divertida
O sábado 20 recibimos a Magín Blanco na BPM de O Grilo. Alí levounos as historias de viaxes de “A Nena e o grilo”, da locomotora María Fumaça, ou de “Rosalía pequeniña”. Pero tamén tivemos algunha sorpresa e visita dalgún dos protagonistas das cancións e o público puido pedir algún tema que quería que cantasemos e bailasemos. Toda unha festa entre libros
Ana Hermida entretivo aos pequenos e non tan pequenos coa posta en escena do contacontos “Contando en Feminino”. Os asistentes aprenderon imaxinando e deixando atrás o rol feminino que teñen os contos de sempre cara algo mellor, cheo de igualdade e respeto.
Ana foi moi divertida e cercana co público asistente!
Recibimos na nosa biblioteca a Montse Rivera que traia unha proposta: que coñeceramos a roupa que empregaban os nosos devanceiros, que a probasemos e incluso que nos levasemos unha fot de recordo
O pasado venres 19 de xuño celebramos na biblioteca unha nova sesión de Os contos do Chupete, dentro do ciclo Entre Arrolos e Contiños.
Bea Campos e Davide González ofrecéronnos unha sesión como sempre estupenda na que gozamos cos Versos vegetales de Antonio Rubio, o baño do oso Chispa, as andanzas do gran Polo Pepe ou a Ratiña Fachendosa… e tamén coas fantásticas cancións e melodías coas que amenizamos esta fantástica tarde de contos!
O día 20 celebramos o fin de actividades do centro sociocultural do concello de Bóveda (Lugo), coa presencia de Paco Nogueiras e o “Brinca vai, de aquí acolá”.
Unha actuación chea de música marchosa que fixo moverse a grandes e pequechos/as.
Divertida e de moita calidade, creativa e musical.
O 18 de xuño de 2015 ás 18.00 hrs demos por finalizado o curso 2014/2015 cunha gran festa de despedida onde ademais da entrega correspondente de diplomas a todos os alumnos e alumnas participantes nas actividades que realizou Fundación Ferama durante esta etapa, gozamos dunha proposta divertida, participativa, amena e educativa como é o espectáculo “Conto Contigo” de Expresión Producións na Axencia de Lectura de Fundación Ferama.
Dende a Axencia de Lectura seguimos apostando pola lectura e nada mellor que facelo realidade cunha actividade de animación a ler con contacontos, monicreques, maxia… enfocada ao mundo dos libros.
Con “Conto Contigo” damos por pechado os actos do programa de “Ler Conta Moito” de dinamización da lectura promovido pola Secretaría Xeral de Cultura de la Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas de Galicia en colaboración coas bibliotecas e axencias pertencentes
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria do CEIP Xosé Luis Taboada disfrutou dunha sesión moi divertida na que dou renda solta a súa imaxinación creando o Fotoconto titulado “As aventuras do Mago Merlín”, que gracias ós seus poderes máxicos se fixo amigo destes rapaces e disfrutaron de multitude de aventuras por terra, mar e aire.
O pasado venres desfrutamos con Fátima Fernández e cos seus contos. Foi unha narración moi boa e onde desfrutamos todos, pais e nenos, e que ademais contaxioulles as ganas de ler. Foi unha boa proposta de animación á lectura.
A Biblioteca de Verín clausura o curso cunha sesión de contacontos e manualidades doces
O xoves 18 de xuño, de 18 a 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín promoveu unha sesión de contacontos e manualidades “moi doces”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización da instalación municipal.
Esta iniciativa puxo o broche final ao ciclo de actividades realizado durante o curso 2014-2015. Un total de 40 iniciativas culturais e lúdicas, coma contacontos e manualidades, cursos de informática, relatorios, Club de Lectura, exposicións, presentacións de libros, visitas escolares, concursos, visionado de películas e charlas ou obradoiros.
A actividade que tivo lugar o 18 de xuño que correu ao cargo da compañía de Teatro Calavera, que representarán “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”. Trátase da escenificación dunha historia de amor entre o cociñeiro e a pasteleira –Antón e Tomasa son algo máis que amigos, por iso Tomasa convidouno á súa casa; ás oito, a comer biscoito. Non foi de comer biscoito, senón por culpa do viño e do touciño polo que o cociñeiro Antón caeu de fociños-. Unha actuación moi divertida de 35 minutos seguida dun obradoiro de pasta de azucre, “fondant”, cunha duración de uns 40 minutos.
Esta iniciativa atópase enmarcada en Ler Conta Moito, programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A mesma está destinada a un máximo de 40 nenos/as socios/as da instalación, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos, e para participar na mesma é necesario inscribirse na propia biblioteca ou no teléfono 988-413624. A actividade será coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 11 e 16 anos, e persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Imaxes e máis info no noso Facebook
Imaxes (máis calidade) en Flickr
Séguenos