O sábado 10 de outubro os nenos e nenas de Viana do Bolo convertíronse nuns cazatesouros por medio da actividade “Os/as cazatesouros da Rede”.

Polo Correo do Vento na Biblioteca
O venres 9 de outubro, Polo Correo do Vento deleitou ao público con narracións acompañadas de música. Esta actividade rematou cun divertido obradoiro de debuxo.
O venres, 9 de outubro, tivo lugar na biblioteca de Mera (Oleiros)o espectáculo Lobo Bobo a cargo de Elefante Elegante no marco do programa Ler Conta Moito.
Gonçalo fixo as delicias do público con esta divertida representación na que os protagonistas dos máis coñecidos contos clásicos nos sorprenderon con curiosas escenas e finais inesperados.
Pasámolo estupendamente !!!
Estupenda tarde en compañia de Carlos e Enrique, compoñentes de Polo correo do vento e os nenos da comarca do Ribeiro. Grazas a todos por participar no contacontos “O misterio do pirata Benito Soto” e o obradoiro de pintura posterior.
Contacontos con moi boa posta en escena, na que se contaron varios contos con Catalina Lino Lina, personaxe que saiu dun conto para estar unha tarde cos nenos de Cabana de Bergantiños.
A actividade foi un exitazo. Os nenos/as e as familias quedaron encantadas. Como fixo mui bo tempo fixose a actividade na praza a carón do Centro Sociocultural e houbo unha gran asistencia (ao redor de 170 persoas). Unha vez máis fixo participar á rapazada moi activiamente no espectáculo e disfrutaron moito cantando e bailando durante a hora que durou…
“Pura palabra” é simple oralidade, una función a cargo de Sole Felloza sen artificios pero moi xestual, son contos con moita moralexa e cancións participativas para os máis cativos.
O xoves, 8 de decembro pasámolo estupendamente cun obradoiro de monicreques, organizado por Viravolta, a partir de papeis de cores fixemos un monicreque seguindo as instrucións que Anxo marcábanos e a nosa imaxinación.
O día 8 de outubro tivemos a actuación de Larraitz con Babamor. Contos sobre os diferentes tipos de familias con historias de libros como O crocodilo e a xirafa, acompañados de cancións do libro Tic Tac, entre outras.
O público estivo moi participativo cantando e escoitando atentamente.


A rapazada asistente e os pais e nais quedaron sorprendidos dos contos de cociñeiros. Ao remate leváronse os sabores doces das magdalenas adornadas por cada participante.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA


Séguenos