Obradoiro de banda deseñada: coñécete a través dos cuadriños. XOSÉ TOMÁS na Biblioteca M. Xabier P. Docampo de Cambre.

Comeza sinalando as diferentes acepcións da palabra “cómic”/ “banda deseñada”, nas distinta linguas.
Remítenos á historia da banda deseñada, aos seus principios, ata adentrarnos na súa propia linguaxe. Vai facendo un paralelismo entre o cine a banda deseñada, con especial fincapé na importancia de comunicar con imaxes.
Os silencios, a viñeta, os bocadillos, globo, delta, cartucho, liñas cinéticas. As elipses, os distintos tipos de planos…Claves a ter en conta á hora de realizar un cómic.
Vai intercalando teoría e práctica dunha maneira moi fluida.
Actividade moi ben conducida por Xosé Tomás na que se adquiren gran cantidade de coñecementos dunha maneira moi lúdica. Ademais, fai suscitar un enorme interés polos fondos de banda deseñada que hai na biblioteca.








O venres 15 de abril o grupo Xanela Ocio visitou a Axencia de Lectura de Vilasantar, onde os nenos disfrutaron de 3 contos moi divertidos e entretidos


Estivo Magín Blanco ca actuación “Libros encantados”, presentounos uns cantos libros con música e cantou algunhas cancións,e rematou cun poema de Manuel María. 



Séguenos