04/04/2016
O 2 de abril é o “Día Mundial da Literatura Infantil e Xuvenil” e tamén é o “Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo” polo que decoramos a biblioteca con globos azuis para participar na iniciativa “Light it up blue”. Ademais, ao rematar, todos os asistentes inflaron un globo azul e posaron con el para a foto.
“A falta de pan, bos son contos” Xarope Tulú
Atenea García achegou ata a biblioteca municipal do Grove un espectáculo de contacontos interactivo e participativo no que os xogos tiveron un papel fundamental para captar a atención da rapazada e facela implicarse na narración das diferentes historias que tiñan“O tempo da fame” como fío condutor.

Hainos delicadiños para comer. Hainos que comen os bens dun cura. Pero como ben din os que saben; o comer e o rañar todo o malo é empezar. Abride ben as bocas que aló vai a primeira bocada…

Fantástica mañá de sábado na compañía de Xarope Tulú
Séguenos