stopmotion fixo as delicias dos nen@s de ribadumia
Os nen@s nenas de Ribadumia, en total 17, crearon os seus contos animados grazas ao Programa Ler Conta Moito.
Os nen@s nenas de Ribadumia, en total 17, crearon os seus contos animados grazas ao Programa Ler Conta Moito.
Esta a tarde remataron os Talleres da Excursión Arqueolóxica con Floro dentro do Programa Ler Conta Moito.
Un total de 16 nen@s disfrutaron dos nosos castros e das vivencias dos catrexos.



O venres 20 de maio, asistimos o concerto “XARDIN DESORDENADO-MANUEL MARÍA ENTRE AMIGOS”, para celebrar a data das Letras Galegas na Biblioteca Pública Municipal. Poidemos desfrutar con composicións feitas sobre textos de Cruckemberg, Campo, Cáccamo, Fernán Vello, Pato, Luisa Castro e por suposto non podía faltar MANUEL MARÍA. Acudiron o concerto público adulto principalmente. Execución e posta en escena perfectos.
O día 20 de Maio na Biblioteca Infantil e Xuvenil da Coruña, celebramos o día das Letras Galegas 2016 rodeados de música e maxia nas mans de Martín Camiña e Álvaro Muras, respectivamente. Estes dous artistas fixeron un percorrido pola vida e obra de Manuel María combinando estas dúas disciplinas.
Resultado “máxico” cumplíndose o obxetivo: Homenaxear a Manuel María con motivo das Letras Galegas.
A participación das familias e a implicación do público en xeral foi moi satisfactoria. Sorprendeunos a todos a combinación de literatura, maxia e música.
Para acompañar a festa, dende a Biblioteca elaboramos unha mostra bibliográfica da obra de Manuel María. Quedounos así de bonitiña.

O venres 20 de maio Bea Campos e Davide González volveron a facer as delicias de grandes e pequenos nunha nova sesión dos Contos do chupete, dentro do ciclo Entre arrolos e contiños.
Sementamos unha chea de carballos acompañados de Xaime e as landras, e tamén aprendemos que non hai nada mellor que compartir unha boa casiña de pedra igual que Os tres porquiños. Descubrimos que se Imos cazar un oso igual podemos levar un bo susto, tanto como para ter que ir correndo ao baño, xa que alí Todo o mundo vai…
En definitiva, unha tarde fantástica, como sempre!


O venres día 20 os nenos/as de Oroso recibiron a visita de Barriga Verde e a súa barraca.

Ademáis de desfrutar das aventuras de Barriga Verde tamén puideron ver de preto os monicreques.

O pasado xoves 19 de maio os rapaces de Oroso tiveron a posibilidade de recuperar cantigas tradicionais galegas. 
Foi unha actividade moi divertida xa que ademáis de aprender as cantigas, cantáronas e bailáronas.

ACTIVIDADE ALEGRE DIVERTIDA , ANIMADA E INCENTIVA O CUIDADO DA NATUREZA




“O GAITEIRO CABEZUDO” PECHOU A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS NA BPM DE ORDES.
Coincidindo coa Semana das Letras Galegas, visitáronnos Os Viqueiras co seu Gaiteiro Cabezudo. Despois dunha introducción para coñecer os nosos instrumentos, acercaron a música tradicional galega ós asistentes , os cales cantaron e bailaron co Gaiteiro Cabezudo



Séguenos