Maxia con Leo Leiño na Biblioteca de Salvaterra


Este mércores vivimos unha tarde de maxia abraiante na biblioteca de Salvaterra, cos trucos e as historias divertidísimas de Leo Leiño.


Este mércores vivimos unha tarde de maxia abraiante na biblioteca de Salvaterra, cos trucos e as historias divertidísimas de Leo Leiño.
Seguimos coas actividades do programa Ler conta moito 2018 coa visita do Capitán Garfo e o seu concerto ” Cociñando Música”.
Esta vez visitáronnos os nen@s de 1º, 2º e 3º de educación primaria do colexio Padre Feijoo de Allariz.
Gozaron dun concerto moi dinámico, divertido e didáctico, con música en directo dun gran profesional como Saúl.
Pasámolo moi ben!!

Tarde creativa na Biblioteca de Ponteareas, onde os nenas e nenos disfrutaron disenando a suas propias mochilas.

mochilas creativas con O faiado de Nin



O domingo 30 pola tarde chegaron ata A Barrela unha morea de contos e historias sobre o mar. O público asistente estivo moi entretido coas aventuras o vello mariñeiro Xan e a súa neta Uxía.
Dentro do programa da Semana Cultural de Conxo, o Mago Bagarín encheu o espazo de lectura do Centro Sociocultural de Conxo coa súa proposta de obradoiro arredor da maxia. A actividade foi magnífica e a rapazada gozou coa maxia revelada. Unha actividade para profundar.
O luns día 1 de outubro a compañía Sarabela Teatro levounos de viaxe coa súa maleta e unha caixa chea de aventuras.

Contentos e ledos marcharon os nenos e os pais coas súas mochilas e demáis traballos manuais.

O xoves 4 de outubro ás 11,30 horas
Teresa Grau,
de Nube Teatro, visitou a biblioteca de Monforte para preguntarlles aos nenos se son lobos ou galiñas. O conto que lles contou ten
unha galiña presumida e un lobo moi tímido como protagonistas pero son unha disculpa para falarlles de moitos problemas que teñen hoxe os rapaces : acoso, discriminación, prexuicios….durante unha hora 130 nenos e nenas pasáronno moi ben. Todos saíron contentos e con ganas de repetir.
Onte, 4 de outubro, estivo na Biblioteca Central Municipal “Henrique Rabuñal” de Arteixo Elisabet Hillerud.
Elisabet desenvolveu un obradoiro para a rapazada de entre 6 e 10 anos, neste obradoiro utilizaron o método zentangle para decorar cadernos de lectura. Esta técnica consiste en trazar patróns repetitivos que crea belas imaxes e fomentar a tranquilidade e a concentración, desenvolvendo a creatividade e a sensibilidade artística.

Os asistentes gozaron da actividade durante a hora e media que discorreu a mesma, logrando a atención e a concentración (obxectivo prioritario do obradoiro) por parte dos participantes.

Todos saíron satisfeitos co traballo realizado.

O día 28 de setembro tivemos un contacontos na nosa biiblioteca de Culleredo, a cargo de Carmen Domech. Nel a señora Antonia, que dí é meiga, a través de cinco historias, nos achega ao mundo do terror, intriga e medo, pero con humor.



Séguenos