A maga Leo Leíño volve a inundar a Biblioteca de Pastoriza con luces, música, animais… e por suposto, moita maxia.


O Mércores, 3 de outubro, na ALM de Corvillón-Cambados tivemos a oportunidade de ver o espectáculo “Lobo Bobo” da compañía Elefante Elegante, unha divertida reinterpretación dos contos clásicos, chea de sorpresas, música e cor. Tódolos cativos e cativas pasaron un momento ben divertido en compañía de Gonzalo e as súas historias. Os asistentes gozamos moito desta actividade.

Na biblioteca municipal Monte Alto (A Coruña) tivemos onte a sorte de recibir a Charo Pita. Tróuxonos a dúas amigas, dúas campás que, de pronto, deixaron de tocar as súas melodías. ¿Cómo solucionar este problema? Pois con moitos contos, cancións e algún arrolo.

O público pasouno moi ben e o rematar felicitaron á artista.
Un libro, “Brinca vai”, que xira arredor das ilusións que se van descubrindo.

Os/as nenos/as despertan en forma de movemento, de música.

Acitividade divertida, chea de humor, baile, cancións… Xerando espontaneidade e entusiasmo.

O martes 2 de outubro tivemos a primeira das actividades que a Biblioteca de Portonovo ofrecerá aos seus usuarios dentro do programa Ler Conta Moito para celebrar o mes das Bibliotecas, e que levaba por título “Mª Victoria Moreno, unha historia de amor”.
Foi unha sesión moi divertida e amena, xa que ademais de coñecer un pouco máis sobre a vida de Mª Victoria Moreno (homenaxeada nas Letras Galegas este ano 2018), puidemos aprender a facer unha caricatura da autora, e todos pequenos e grandes conseguímolo ![]()
Daquela os máis pequenos colorearon os debuxos que Carlos fixera durante a sesión. E para que vexades o artistas que son, deixámosvos as fotos.


Por suposto dar as grazas a Pin e Mau por compartir esa tarde connosco.
Din que a música amansa ás feras. A realidade que se viviu na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz coa actuación de Pakolas o mércores 3 de outubro foi de auténtica festa, diversión e baile, moito baile. Nada de feras e nada de calma, o que houbo foi unha morea de nenos e nenas acompañados dos seus pais e nais que saltaban da alfombra nada máis escoitar os primeiros acordes da guitarra. Entre canción e canción, tomaban un respiro para escoitar os contos e divertirse cos disfraces que o narrador ía sacando da maleta. Unha quenlla, unha galiña…son exemplos das distintas máscaras nas que Pakolas se apoiaba para contar as historias que viñan cheas de toques humorísticos. Narracións curtas con contidos éticos, a modo de parábolas, pero sobre todo rock and roll, moito rock and roll.

O baile da quenlla

Rock and roll

A bailar!!

Cartel da actuación Os Quinquilláns

Os Quinquilláns en Tremoedo

Os nenos e nenas de Tremoedo disfrutaron no día de onte dun espectáculo teatral moi divertida onde descubriron a orixe do sal na auga do mar.
Tamén disfrutaron dun impresionante pasarrúas con bonecos inchables como o peixe para descubrir como viven.
¡Un espéctaculo no que pequenos e pequenas puideron disfrutar aprendendo!
Os nen@s dos centros de ensino de Portosín e Nebra desfrutaron das etapas da historia con Teatro dos Ghazafelhos.


Esta tarde tivemos na biblioteca a @pedrobrandariz, que lles ofreceu á rapazada de 4 a 10 anos “Os contos do grúfalo” e “Xaime e as landras”, dous relatos nos que ademais participaroon un ratiño ben simpático e o mesmísimo grúfalo! Que ben o pasamos, mesmo cantamos unha versión chulísima do “Despacito” 😂 😂
Asistiron un total de 53 nen@s e 26 adultos como acompañantes.
O martes 2 de outubro, “Patri”, encheu a Biblioteca de O Froxel con emocións, compartindo alegría, tristeza, rabia e simpatía, facendo que os nenos reflexionen sobre o seu significado, así como a mellor forma de xestionalos.
Contou a historia de “O monstro de cores” e os nenos pintaron as cousas que lle fan sentir emocións intensas, facendo que sexa unha experiencia moi positiva.



Séguenos