Ao encontro de Martin Codax.Vilar de Barrio


O pasado venres, 9 de agosto, a biblioteca municipal de O Valadouro organizou un obradoiro para sensiblizar ós máis novos da casa sobre os poderes dunha alimentación sana. Despois, entre todos, realizaron uns contos dos poderes dos alimentos preferidos.

O venres día 9 visitounos o Mago Paco co seu novo espectáculo ” Unha maxia diferente”, espectáculo relacionado coa igualdade entre homes e mulleres do que disfrutaron os pequenos e maiores no auditorio da biblioteca de Covelo.
A través dunha historia de amor do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa achegaron aos cativos e maiores ao mundo da poesía, xa que utilizaron o verso para contar as súas aventuras de cociña, enmarcada nun magnífico decorado que encantou aos asistentes. Primeiro desfrutaron da súa escenificación con música e moitas risas.
Para rematar cun obradoiro no que cada participante decoraba unha madalena con pasta de azucre, estimulando a creatividade e poñendo en práctica hábitos de hixiene necesarios para realizar a actividade, xunto cos personaxes do conto.








Diversión asegurada no Concelllo de A Lama co espectáculo teatral Don Quixote da compañía Limiar Teatro
Unha comedia gastronómica que mixtura narración oral, manipulación de obxecto cociña en directo. A versión, que puxo o acento nas pasaxes da obra de Cervantes tivo gran acollida especialmente entreos máis pequenos e seus pais. A obra forma parte do Programa da Xunta de Galicia, Ler Conta Moito, que levouse a cabo na Axencia de Lectura Municipal o presente ano 2019.



Na foto podedes ver unha das grandes historias que crearon os nenos e nenas que participaron neste obradoiro dirixido por Patricia Núñez e que non deixou indiferente a ningún dos participantes que desfrutaron lendo, escribindo, imaxinando e debuxando.
O pasado luns 5 de agosto rimos, cantamos e bailamos sen parar con Paco Nogueiras! Un gran espectáculo para toda a familia.

O xoves 8 de agosoto 15 rapaces e rapazas do Milladoiro convertéronse en grandes escritores de historias pequerrechas con axuda de Patricia Núñez. Entre os resultados atopamos verdadeiras xoias! 
O pasado martes 6 de agosto a biblioteca do Milladoiro organizou unha estupenda alternativa á praia invitando ao cociñeiro Antón e á pasteleira Tomasa. Con eles gozamos dunha estupenda sesión de contacontos que culminou coa elaboración duns apetitosos doces.

Onte recibimos a visita de Pakolas que coa súa música e as súas historias fíxonos pasar unha mañá moi divertida.



Séguenos