Po e Xía na biblioteca de Sober
O venres 16 de outubro ás 17:30h. na BPM de Sober tivemos a última das actividades programadas no ciclo Ler conta moito. Estivo en Sober a compañía Aldaolado, có seu espectáculo “Pó e Xía”.
Esta é unha actividade de dinamización con música, teatro e danza, dirixida a nenas e nenos a partir de 6 anos , onde as protagonistas ( unhas nenas moi “trastas” ) narran as aventuras que teñen no seu cole e que as leva ata a biblioteca onde comezan a apreciar a poesía , o que fará delas unhas grandes lectoras.
Aldaolado realiza unha mestura de poesía con humor e música. Espectáculo moi entretido que capta a atención dos nenos e as nenas dende o primeiro momento.









O luns 5 de outubro Pakolas visitou a Biblioteca de Frades con un espectáculo no que as protagonistas das cancións e contos son elas, nenas e mulleres. Figuras femininas que nos dan a coñecer historias de superación de xeito divertido e con ritmo de Rock. Unha actuación que promove a igualdade de xénero e lles amosa os nenos e nenas a importancia da mesma. A actividade foi todo un éxito, que fixo bailar e desfrutar a todo o público.








Séguenos