Anxo Moure conquista o corazón da cativada de Boqueixón

A B.P.M do Forte vivíu un auténtico día de festa para celebrar o Dia da Biblioteca (24 outubro). O contador de contos Anxo Moure recibíu ao grupo, de case 30 participantes, na súa particular bicicleta, facendo aínda máis emocionante o momento.
Coa axuda de nenas e nenos, este singular fabricante de corazóns, reciclou as malas noticias de violencia de xénero, de machismo e desigualdades para fabricar uns fermosos corazóns de papel reciclado cos que erradicar nos nenos e nenas de Boqueixón estes grandes males.












Excelente actividade de Damián Alonso Lorenzo, actor de dobraxe e teatro, formandor en obradoiros de voz, lectura interpretativa, dobraxe e podcast, falar en público… Obradoiro moi dinámico e participativo, de máis de duas horas, que tuvo os rapaces e rapazas moi implicados na actividade dende o primeiro minuto: ler en voz alta, crear e gravar un podcast, saber enfrontarse a calquera texto ante o micrófono, seguridade para desenvolverse no ámbito oral, aprender a escribir para locutar…











Séguenos