EU TAMÉN SON UNHA HEROÍNA na BIBLIOTECA FRANCISCO CARBALLO de MACEDA
Obradoiro de comic feminista con Ticiana Ghiglione Darriba e os neno@s de 2º E.S.O. do I.E.S- SAN MAMEDE de Maceda
Obradoiro de comic feminista con Ticiana Ghiglione Darriba e os neno@s de 2º E.S.O. do I.E.S- SAN MAMEDE de Maceda
Este xoves 21 tivemos unha divertida tarde familiar na Biblioteca Municipal Os templarios (O Temple-Cambre) coa sesión “Levántate Xan (contos para bebés)”; unha función chea de animais, pequenas historias e cantigas para recrear o día a día na granxa de Xan. A sesión estivo a cargo do narrador oral Caxoto, da compañía A trastenda dos contos.


Un grupo de avoas chegaron á biblioteca de Ares,
e estiveron contando cousas de avoas moi divertidas……
Cantamos e bailamos tod@s xunt@s





Pablísimo e o lobo
No día de hoxe, 21 de outubro, veunos visitar Pablísimo á biblioteca de Mondariz-Balneario, e coma sempre, o público quedou encantado coa contada sobre cabras, cabuxos, castróns, chibos e como non… lobos!!!
Encantounos o teatriño con todas esas xanelas a través das que Pablo nos contou os contos tradicionais e os non tan tradicionais. Agardamos que nos volva visitar axiña con máis contos tan espectaculares coma estes.
A tarde do día 20 na Biblioteca Luis Seoane de Soutomaior mesturamos ciencia ficción e máis realidade, para celebrar o próximo día das bibliotecas!
Obradoiro de inspiración no libro homónimo onde crearon e xogaron con robots, marcadores láser, drons, pero… o importante é que para poder gañar hai que traballar sempre en equipo!

Visitounos na Biblioteca dos Tilos Antía Yáñez coa súa proposta de xogo de pistas na biblioteca. Unha estupenda maneira de dar a coñecer a biblioteca e os seus fondos e ó mesmo tempo coñecer algunhas autoras importantes



Neste obradoiro, realizado o día 20 de outubro, as crianzas participantes debuxaron e colorearon seres míticos de Galicia.
O pasado martes 19 de outubro tivemos unha visita con moita musica protagonizada por Paco Nogueiras.
Cantounos ás novas da actualidade publicadas en “Extra”, o xornal musical.
Nenos e maiores desfrutaron dunha sesión musical divertida onde o público foi participe en toda a sesión.


Celtia Figueiras, de A Xanela do Maxín contounos a historia de Lúa, unha gatiña que non come ratos. O seu desexo é viaxar polo mundo e ir á universidade. A súa aboa e o seu amigo gato queren que quede na casa, pero ela non se resigna…


Unha historia na que os valores de igualdade están presentes e que encantou a nenos e nenas.


Séguenos