CAXOTO NA BIBLIOTECA DA CAPELA
A mañá do 9 de xuño visitounos Caxoto co conto sobre a igualdade ” Coas mans na masa”, todos o pasamos moi ben e os nenos tomaron nota que tanto homes como mulleres somos iguais para desenvolver calquer tarefa.



A mañá do 9 de xuño visitounos Caxoto co conto sobre a igualdade ” Coas mans na masa”, todos o pasamos moi ben e os nenos tomaron nota que tanto homes como mulleres somos iguais para desenvolver calquer tarefa.




CIENTIFICAS MEDRANDO
As nenas e nenos que participaron no obradoiro de Cientificas medrando, fixeron o seu propio libro pop-up, sobre a biografía dalgunhas mulleres galegas que foron pioneiras da ciencia.

O bardo Abelardo achegou contos sobre o coidado da natureza mesturados coa música do seu acordeón, facendo partícipe a todo o público. Unha boa maneira de rematar a Semana mundial do medio ambiente
.


Nesta ocasión achegamos a narración oral ao Centro de Atención a Persoas Maiores de Ortigueira. A contadora Alba Grande relatou varias historias recuperadas da tradición oral e logo convidou aos asistentes a presentarse e contar relatos ou contos que souberan. Para rematar votaron unhas cantarolas e así pasou a mañá.

Vanesa contounos tres contos para animar a Pepe a saír do seu oviño. Fermosa sesión que gustou a pequenos e maiores!

Este mércores, 7 de xuño, a Biblioteca tivo duas visitas moi espaciais, unha o Mago Marco, a quen lle queremos dar mil grazas pola gran humanidade e o cariño que co que recibiu os rapaces de ASFAVAL, e tamén pola calidade da sua actuación. A outra visita foron os rapaces de “ASFAVAL” (Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras) , grazas tamén polo voso cariño. Todos xuntos soñamos!!!!!



Onte ás 11:30 a Biblioteca Concepción Arenal de Miño vestiuse de gala para recibir aos 30 nenos e nenas da Escola Unitaria de Bemantes que viñeron acompañados de 4 adultos.
Trinketrinke Teatro e os seus contos de animais do bosque encargáronse de que esta mañá de primavera sexa inesquecible para todos.

O martes 6 de xuño estivo na biblioteca de Sober Xoán Curiel, coa súa proposta musical adicada aos autores homenaxeados polas Letras Galegas.
A actividade estivo dirixida aos integrantes do CL da biblioteca integrado por un grupo de persoas maiores que disfrutaron moito coas cantigas deste gran músico.
Actividade moi recomendable tamén para un público familiar, pois Xoán Curiel é un excelente músico que soubo conquistar a todos os asistentes.

Robótica na biblioteca achegou á Axencia de Lectura de Lousame as tecnoloxías do futuro; ademais de aprender uns fundamentos básicos e coñecer o fondo científico-técnico dispoñible na súa biblioteca, os nenos e nenas participantes levaron a casa o seu propio robot.
O pasado sábado 3 de xuño celebramos cun chisco de adianto o Día mundial do medio ambiente.
Fixémolo co espectáulo Que contan as árbores…? da compañía Maquinarias Teatro.
Os nenos e nenas e as súas familias quedaron encantados/as coas fermosas historias de árbores que Helga Méndez compartiu con todos e todas nós.



Séguenos