Contamos en igualdade

O sábado 7 de outubro, na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán, Eduvía fixo o contacontos Contamos en igualdade, ela contou e todos cantaron.

O sábado 7 de outubro, na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán, Eduvía fixo o contacontos Contamos en igualdade, ela contou e todos cantaron.
Este domingo 8 de outubro tivemos a sorte de aprender a esculpir fantásticas obras de arte coa axuda de Electra, de Pedras de Papel. Baseándonos nunha técnica tradicional e sostible, e botando man da imaxinación, podemos convertir refugallos de cartón e papel en fermosos obxectos, personaxes ou figuras abstractas. Un obradoiro do máis recomendable.



En Allariz seguemos desfrutando do programa Ler conta Moito, desta vez co divertidísimo espectáculo de Nelson quintero, que nos fixo gozar dun espectáculo dinámico, vistoso e colorido! desfrutaron motísimo tanto adultos coma nenos e nenas!
Un pracer de profesional
Moitas grazas Nelson!

O pasado xoves 5 de outubro estivo cos rapaces de cuarto da ESO do IES San Mamede de Maceda Carlos Lorenzo, fotografo, coa actividade “A mirada Poética da fotografía”, a través da cal foi artellando un discurso pola obra de diferentes autores e os significados das súas obras, nunha combinación de fotografía e poesía que se retroalimentaría.


Hoxe contamos coa visita dun experto en xestión de residuos.Un barrendeiro municipal moi especial. A pesar de que parece un traballo rutinario e aburrido as beirarrúas están cheas de sorpresas e aventuras. A través das súas experiencias aprendemos as claves para protexer o noso medio ambiente mentres nos botamos unhas risas.
Grazas CAXOTO por esta tarde de Contos !!!

O sábado 7 de outubro recibimos a Manuel Vicente na Biblitoeca de Narón. Da súa man aprendemos unha morea de cousas: o que teñen en común os/as científicos/as e os escritores/as de novelas detectivescas, o que hai que saber para ser un bo ou boa investigador/a, a separar o ADN dun ser vivo, a estar atentos/as a todos os detalles do escenario dun crime e… a que tras a cara de boa dalgunha bibliotecaria pode agocharse unha despiadada asasina 🤦

O martes día 4 de outubro comezamos as actividades de contacontos con Brais das Hortas con “contos para caghar patatillas”, contos de medo acompañados de música.
A Santa Compaña cantando un trap, o home do saco, sete bruxas que voan de Moaña e Sevilla…
Historias de medo que nos fixeron rir. Pasámolo en grande, tanto nen@s como maiores.


O mago Charly estivo connosco este xoves. A rapazada permanecía atenta ao espectáculo, e aínda que non querían crer o que estaban vendo, pensando que todo era produto da súa imaxinación… puideron decatarse de que todo era certo!
A tarde foi un éxito de asistencia, tanto a rapazada como os pais e nais presentes gozaron do espectáculo e, ata chegaron a ser partícipes cando o mago necesitou da súa axuda.

Este venres estiveron na nosa Biblio unha parella moi especial. Contaron e cantaron uns contos maravillosos e foron capaces de engaiolar tanto aos nen@s coma aos maiores.
Moitas grazas.
Onte na biblioteca de Esgos Elena ensinounos a técnica do “book folding” para transformar libros vellos en esculturas.


Séguenos