Porco porquiño ensíname o camiño na B.P.M. de Poio
Este venres tivemos na Biblioteca Pública Municipal de Poio unha visita moi especial, a de Charo Pita.
Contos para bebés, moitas cancións…
Este venres tivemos na Biblioteca Pública Municipal de Poio unha visita moi especial, a de Charo Pita.
Contos para bebés, moitas cancións…

A compañía Títeres Seisdedos trouxo a Moaña o seu espectáculo O Galo Quirico un conto da tradición oral galega que mezcla música e títeres. A actividade resoltou moi divertida sobre todo para os máis pequenos .

O pasado sábado 4 de maio inauguramos a programación das Letras Galegas con este obradoiro conducido por Laura Romero no que con libros expurgados os rapaces e rapazas deron renda solta a súa imaxinación. Ademais de coñecer máis de preto a figura de Luisa Villata crearon as súas propias obras traballando a técnica coñecida como “book art”.

O pasado venres 3 de maio iniciamos con este obradoiro a programación do Día das Letras Galegas. Da man de Laura Romero os participantes traballaron a figura homenaxeada e a través da técnica de “book art”elaboraron os seus propios materiais.

O pasado venres 26 de abril desfrutamos da proposta ‘A nena que podía falar cos animais’ na Biblioteca de Paiosaco. Unha oportunidade para desfrutar en familia e transformarnos en diferentes animais ao longo da experiencia.

O pasado venres 26 de abril visitounos Fran Campos da compañía Bandullo azul. Veu cun amigo, o gato Fazulas, que pasou parte da tarde intentando atrapar ao ladrón de paraugas e para o que precisou moita axuda, sobre todo dos nenos e nenas que estaban na biblioteca de Caldas de Reis. Risas e música nunha semana moi especial, a do Día do Libro. Grazas aos dous pola visita!
O pasado martes visitou a ALM de Olveira (Dumbría) a empresa Átomos co taller Robótica na biblioteca.
Pablo fixo unha introdución ao mundo da robótica e os participantes montaron un pequeno robot que puideron levar para a casa.
Tamén puideron ver o funcionamento dunha impresora 3D coa que se construíron as pezas de dito robot.
Moi recomendable!!


O xoves dous de maio pola tarde, na Axencia de Lectura Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa (Culleredo), a cativada tivo a ledicia de participar no Gran Xogo das Letras Galegas, homenaxeando a Luísa Villalta e aos demais grandes das nosas Letras. Xogaron e aprenderon en equipos, pasando unha tarde chea de divertimento

No día do libro, a autora e contadora Ana Meilán visitou o Centro Sociocultural de Bóveda dentro do programa do Mes dos Libros e realizou dúas contadas.
Unha para infantil e 1º ciclo de primaria do Ceip Rosalía de Castro ” ¿Quen ven esta noite? ”


Os/as nenos/as saíron así de content@s co seu libro de agasallo como actividade complementaria.
E outra contada para o resto de público en xeral e 2º e 3º ciclo de primaria, acompañad@s polas persoas usuarias da Residencia Domus Vi para persoas con Diversidade Funcional.




Séguenos