ANIMALADAS na biblio de Mugardos
O pasado martes na bibio de Mugardos desfrutamos a tarde da man de Teatro Calavera co seu espectáculo ANIMALADAS, no que a exploradora Jeanne Baret acompañada da cebra Camila nos trasnportaron á selva máis animada.

O pasado martes na bibio de Mugardos desfrutamos a tarde da man de Teatro Calavera co seu espectáculo ANIMALADAS, no que a exploradora Jeanne Baret acompañada da cebra Camila nos trasnportaron á selva máis animada.

Na biblioteca Rego da balsa de Carballo Alba Farto amosou a súa arte coas letras. Cun pincel, un rotulador…. os participantes debuxaron letras orixinais cheas de creatividade. Unha mañán de aprendizaxe desfrutando. Moitas grazas a todos polo voso traballo.


O 12 de setembro estivemos coa Compañía Espectacular coa representación “Os mundos de Elisa” e mostraron unha selección de contos que falan de igualdade, poder persoal e entusiasmo.
Elisa séntese pouco valorada na súa familia por ser nena. Pero entre todos pasamos unha tarde divertida e chea de experiencias.
O pasado sábado 14 de setembro ás 18:00 horas realizaouse o obradoiro con lixo mariño de Alivavá na sala Valle-Inclán da biblioteca municipal. Este iniciouse cunha charla sobre a incidencia negativa dos plásticos no medioambiente e nos seres vivos. A continuación, afondouse neste problema a través dun obradoiro no que se traballou con lixo mariño atopado na Costa da Morte. As participantes desenvolveron as súas habilidades creativas utilizando o refugallo, xa limpo e preparado, que se puxo á súa disposición. Seguindo unha temática adaptada á contorna , empregáronse pistolas de silicona e pinturas coas que as participantes elaboraron as súas propias pezas artísticas, nun proceso de transformación do lixo en arte. A actividade tiña como obxectivo a concienciación medioambiental por medio da creatividade.

O martes 17 de setembro unha xoaniña entra na biblioteca municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos para buscar unhas ás para poder voar. Despois de atoparse con moitos animais do xardín, e algún escapado doutras latitudes, a nosa xoaniña consigue voar grazas aos nenos e nenas e as súas verbas máxicas.
Coa participación de 120 nenas e nenos de 7 e 8 anos, Barafunda acada a atención e participación de todos cun espectáculo moi áxil que os mantén interesados en todo momento na historia desta pequena xoaniña . A satisfación dos asistentes foi grande e quedaron con ganas de volver a velos moi pronto.



Parecera que a mesma Rosalía se materializase na Biblioteca de Moeche para falar da súa vida e de literatura aos participantes no obradoiro de memoria e algún usuario máis no día da inauguración do curso. A artista Helga Méndez na súa espléndida interpretación.
O pasado Venres 13 de Setembro ás 13:00 horas tivemos no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén unha nova actividade do programa de Animación á Lectura e de Dinamización da Lingua Galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén – BiblioPazos e do programa de dinamización da lectura nas bibliotecas LER CONTA MOITO.
Ese día estivo con nós LEO LEIÑO co seu espectáculo “HABELAS HAINAS” co que fixemos unha viaxe máxica a través das tradicións e lendas galegas mediante a narración oral, a animación e a maxia.
Asistiu a este evento ao alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI, que o pasaron moi, pero que moi ben.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA
A pasada semana, estivo na biblioteca de Ares, Antía Yáñez facendo pensar e actuar a os nosos
investigadores/ras e descubrindo pistas, desenrolando todo tipo de probas que foron superando
con inxenio e diversión.
Unha actividade moi aconsellable para público xuvenil.
O pasado día 13 de setembro tivo lugar na BPM de Láncara a actividade “20.000 leguas de lectura divertida”, na que se levaron a cabo unha serie de experimentos relacionados coas obras máis representativas de Julio Verne e na que os nenos/as asistentes foron partícipes da súa realización, pasando así un anaco moi divertido.

O venres 13 de setembro visitounos Paula Carballeira para falar con nós de teatro, de ler teatro e imaxinalo. Arredor da peza “As alumnas”, a súa autora, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, conversou sobre o proceso creativo dunha obra teatral, das mulleres na historia, na educación, de memoria e identidade.



Séguenos