Cecilia recibe unha carta moi especial dende o pais dos bonecos. Ingrid, a súa boneca, está atrapada e precisa axuda para converterse en humana…
“Só por amor doutra humana conseguirás abrir as portas que te conducirán á liberdade” 

Cecilia recibe unha carta moi especial dende o pais dos bonecos. Ingrid, a súa boneca, está atrapada e precisa axuda para converterse en humana…
“Só por amor doutra humana conseguirás abrir as portas que te conducirán á liberdade” 

“Contar co Vento”, contos, melodías …….. historias de tradición oral para toda a familia: de medo, de risa e todas moi entretidas.
Unha actuación moi bonita, donde maiores e cativos desfrutaron moito.

Aida Cobas
visitounos coa súa “Boneca de trapo” para contarnos as historias de Mara e a súa avoa Lola, descubrindonos a vida doutras mulleres que cambiaron a historia.
Pasamos un rato ben entretido e quedamos todos con ganas de máis.De seguro nos volvemos a ver.
Olimpíada tecnolóxica – Robótica creativa encantoulles aos que tiveron a sorte de poder desfrutala na nosa biblio.
A olimpíada tecnolóxica foi todo un descubrimento para a rapazada participante.
Moitos dos nenos e nenas partían cun coñecemento básico sobre robótica e programación, pero para outros era a primeira experiencia.
A actividade adaptouse perfectamente a todos os niveis.

Caixa, caixiña, caixón visitou a nosa biblio o pasado xoves.
Despois dunha entretida e chea de valores sesión de contacontos, cada participante elaborou no taller un divertido xogo a través do cal poderán contar a historia dunha muller do seu entorno á cal admiran por infinidade de cousas.
Unha actividade que gustou moito a pequenoss e maiores.

A pasada semana visitaba a nosa biblio Eduvía, coa actividade Contamos en igualdade.
A través de diferentes historias, realizouse unha actividade que leva aos asistentes a analizar moitos estereotipos actuais e os diferentes roles que se desempeñan na nosa sociedade en función do xénero.
Conleva unha reflexión sobre a necesidade de mudar cousas do día a día nas familias.
As persoas asistentes, a través deste contacontos, coñece novos libros que tratan esta temática da igualdade.

Jóvenes Científicos [AC Jóvenes Científicos y Emprendedores Atlantic ] visitounos coa actividade Introdución á programación – Robótica creativa.
A actividade serviu como unha introdución á programación para os asistentes.
Na sesión tiveron a oportunidade de coñecer distintos robots e diferentes formas de crealos.
Desfrutaron de poder facer algunhas programacións adaptadas ás diferentes idades dos participantes.

Este pasado venres, 18 de outubro na Casa da Cultura tivemos a honra de acoller a gran mago Charly Braun, sorprendeu cos seus imposibles trucos a grandes e pequenos e busco sempre a participación dun público entregado á maxia e ao divertido espectáculo no noso Salón de Actos.
Carballo con Botas, a través da figura dun avó zapateiro, contounos moitas historias coas que os cativos desfrutaron da tarde.
Zapatiños de cartón e a carta dos bosques achega unha sesión de contacontos do máis entretida.

Carballo con botas visitounos a pasada semana na biblioteca de Dumbría.
Entretidísimo contacontos que, xunto co aliciente de poder montar na ciclobiblioteca do Carballo con Botas, fixo as delicias de todos os asistentes.
Recomendable!



Séguenos