Trinquetrinque na Biblioteca Municipal de Chantada


Hoxe foi tarde de escape room na biblioteca de Esgos. Distribuídos en 4 equipos resolveron todos os enigmas dos “Misterios da biblioteca” para chegar a solucionar a proba final.


O martes 27 de maio recibimos a María da Pontragha na nosa biblioteca. María contounos historias cotiás de mulleres, que inspiran e provocan tenrura, e algunha lenda dun tempo pasado da nosa terra dun xeito tan divertido que nos fixo rir ás gargalladas. A través destas historias, María amosa a forza, a valentía, a insubmisión, a solidariedade, o apoio… que estas mulleres teceron nunha sociedade tan cativa que as limitaba. E aínda tivo folgos para cantar algunha pequena canción e regueifa que fixo, se cabe, máis amena a narración. Pasámolo xenial, moitas grazas!
Recibimos a Ana Meilán, autora de moitos contos que temos na biblioteca, que veu contar aos nenos e nenas a historia de Simón, un neno con fama de chorón que decide gardar as súas bágoas debaixo da cama.


O pasado 21 de maio celebramos as letras galegas na biblioteca con Antón Ké, cun contacontos ilustrado e musicado ao ukelele baseado na vida e obra das mulleres homenaxeadas neste sinalado día. Pasamos unha tarde estupenda cun espectáculo moi animado que fixo desfrutar moito aos alí presentes.


A semana pasada convidamos ao CEIP de Cenlle a celebrar na biblioteca as Letras Galegas.
Contamos con duas actuacións, visitáronnos as cantareiras do concello de Cenlle e continuamos coa xenial actuación de Paco Nogueira.


Nen@s e profescantaron, bailaron e disfrutaron de principio a final da actuación.
Este sábado 24 de maio tivemos no Centro Cultural Lustres Rivas o obradoiro “A biblioteca ideal”. Gustavo levounos polo mundo dos libros e traballamos en común persoas adultas cos nenos e as nenas para facer o noso gran libro do que máis nos gusta. Xogamos, pintamos, escoitamos contos… Unha mañá marabillosa con Náufragos Teatro.
A Biblioteca Pública Municipal de Ribeira encheuse coas nosas peticións para a fin de semana.
Moito nos gusta ler…

O alumnado do CEIP Xosé Luis Taboada e os/as residentes do Centro de Día e Fogar Residencial do Concello de Carballedo para realizaron a actividade conxunta titulada “LETTERING CO CANCIONEIRO GALEGO” a cargo de Velaísca, coa que poideron compartir ideas e recordar cantigas o Cancioneiro Popular Galego.

O venres 23 de maio tivemos a actuación do grupo “Tilintilonia” na nosa biblioteca. Foi marabilloso! As familias gozaron coa representación da actividade “O baúl da tía Tola”. Facendo biblioteca!





Un contacontos moi entretido e participativo ,narrado con destreza e vitalidade por Ana e que conseguiu a atención de máis de 80 nenos e nenas de diferentes idades ,chegando a reclamar máis contos dentro dun clima do máis activo e vivo.Participaron nesta actividade tódolos nenos e nenas do cole de Antas de Ulla.
Moi recomendable esta actividade con Ana Carreira.


Séguenos