29/09/2025
Este pasado venres 26 de setembro comezamos unha serie de actos que enmarcamos dentro da celebración do mes da biblioteca. Estreámonos coa actividade ” O lapis que non quería ir a escola”, que chegou da man de Andamiaxe e que fixo as delicias tanto de pequenos coma de non tan pequenos.
Da man de Rebeca, coñecemos a distintos materiais escolares (un lapis, unha goma, unha calculadora…) que nos presentan unha historia pensada para resaltar valores tan importantes como a colaboración, o respecto ou a empatía, fomentando así a convivencia.
Un espectáculo moi entretido que serviu para comezar a fin de semana da mellor maneira!

Séguenos