Gran éxito do espectáculo Animaladas na Biblioteca de Frades
O pasado sábado 27 de setembro, ás 11:30 h, a Biblioteca de Frades encheuse de risas, creatividade e bo humor coa visita da compañía Teatro Calavera, que presentou o seu espectáculo Animaladas.
A actividade contou coa participación de 25 persoas, entre as que destacaron moitos nenos e nenas, que se implicaron de maneira entusiasta en cada parte da representación. O espectáculo destacou por ser moi divertido e altamente participativo, conseguindo que o público se sentise parte da historia en todo momento.
Cómpre facer unha mención especial ao excelente traballo dos artistas de Teatro Calavera, que demostraron ser moi
profesionais e de gran calidade artística, conseguindo manter a atención e o entusiasmo d
os asistentes durante toda a función. A súa enerxía e cercanía fixeron que a xornada fose memorable.
En definitiva, foi unha mañá cultural chea de diversión, participación e boa compañía, que deixou un sabor moi agradable entre todos os asistentes. Sen dúbida, unha experiencia que merece ser repetida




























Séguenos