Contamaxias na B.P.M. de Láncara
O 23 de setembro na B.P.M. de Láncara tivo lugar o espectáculo “Contamaxias” a cargo do Mago Paco. Actuación na que se mesturaba contos, xogos e maxia e coa que o público asistente pasou unha divertida xornada.

O 23 de setembro na B.P.M. de Láncara tivo lugar o espectáculo “Contamaxias” a cargo do Mago Paco. Actuación na que se mesturaba contos, xogos e maxia e coa que o público asistente pasou unha divertida xornada.

O venres 20 de maio na B.P.M. de Láncara A Xanela do Maxín presentou o seu espectáculo de títeres “U-la Lúa”, unha proposta escénica baseada no conto de Lúa que trata sobre a igualdade onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade. Esta actividade celebrouse no Salón de Actos da biblioteca e asistiron 9 neno/as e 4 adultos.

O día 15 de outubro ás 16.30h, tivo lugar na B.P.M. de Láncara o espectáculo de marionetas “Xogo Revolto” , da man de Trécola Teatro. A través dos xogos de catro amigos trátase o tema do acoso escolar e a discriminación que sofren moitos nenos e nenas. Mantivo entretidos a grandes e pequenos.

O venres 24 de setembro na B. P. M. de Láncara tivo lugar a actividade Conto Xogo, que consistiu nunha sesión de contos e xogos para os máis pequenos, os cales pasaron unha animada tarde.
O venres 10 de setembro ás 16.30h tivo lugar na B.P.M. de Láncara a actividade “O legado de Verne (Escape Room portátil)”. Os participantes dividíronse en 2 equipos, os cales dispoñían de 1 hora para resolver unha serie de enigmas, para os que se lles ían dando unha serie de pistas e así poder atopar a contrasinal que tiñan que introducir no ordenador, e desta maneira destruir o asteroide que estaba a piques de impactar contra a terra. Os rapaces disfrutaron moito con esta actividade e mantívose a emoción ata o final xa que os dous equipos ían moi igualados na resolución dos enigmas propostos.

Teatro en Punto estivo en Láncara coa sua actividade de divulgación do coñecemento “O PC non é un ordenador”. Grazas ás dúas actrices-relatoras puidemos coñecer o concepto de Patrimonio Cultural, tanto material como inmaterial, a estar atentos ao noso redor e a poñelo en valor.
Petróglifos, mámoas, asentamentos e unha ponte romana, escudos, igrexas de diferentes épocas, persoeiros ilustres… Láncara é moi rica en patrimonio cultural. Se abrimos os ollos e facemos as preguntas adecuadas, contribuiremos a que perdure no tempo o xa herdado grazas aos nosos devanceiros. Os cambios están nas mans das nosas crianzas e mocidade, pero tamén conservar e legar de novo o patrimonio e tradicións.
“Un día de treboada” foi a primeira historia escollida pola contacontos para introducir ás crianzas nas dúbidas relativas a roles e estereotipos habituais en relación ao mundo laboral e a igualdade. Nenas e nenos participaron activamente xa que se sentiron identificados por eses personaxes do rural e algúns presumiron das mamás que conducen tractores e dos papás que cociñan na casa.
Co conto “Daniela a pirata” de novo se formularon dúbidas relativas aos papeis asignados a mulleres e homes na sociedade. Con moitos voluntarios por quendas, déronlle vida a Daniela, ao Capitán Orella Cortada e a toda a tripulación a modo de pequena obra de teatro improvisada. E ao final… Ben… Se queredes coñecer o final, teredes que pedir o libro na vosa biblioteca!
Vivimos unha sesión de contacontos emocionante e participativa onde se demostrou que nenas e nenos nunca nos deixarán de sorprender coas súas respostas.
Grazas a “Caxoto”, en Láncara puidemos viaxar a través do tempo e dos contos até atopar a primeira narración feminista da historia da literatura, nos tempos do Rei Arturo. Foi difícil xa que as narracións orais, feitas na súa maioría por mulleres, foron transcritas por homes.
Contáronos e contamos contos, e ata aprendemos antigas técnicas de defensa femininas no baile por se damos con algún cotifeiro… Foi un contacontos moi ameno, no cal destacaron a muller e o feminismo.
Se xuntamos un príncipe desterrado, un trasno falcatrueiro, un bandoleiro, un dragón, unha princesa e un rei, xa podemos contar unha boa historia. Se ademais lle engadimos a destreza dun bon actor dándolle vida aos monicreques e narrando a historia, temos unha gran representación.
Todos os asistentes á sesión de marionetas do sábado, adultos e crianzas, pasárono en grande con moitas risas e participando para que se fixera xustiza e tivera un final feliz.
A voz de Iria Mejuto e a guitarra de Richie Rozas fixeron emocionarnos en Láncara grazas á coidada selección de cancións e autoras, e a súa interpretación no concerto “Voces de muller”.
Os feitos máis destacados das biografías das cantantes compoñían un relato introdutorio a cada tema, onde se reflectían as dificultadas da muller no mundo cotiá e no mundo da música. E despois, as cancións que xa formaban parte da nosa vida, pero que puidemos gozar en vivo, e das que agora xa coñecemos á muller e a historia detrás delas.
Unha sesión musical para entender e valorar como influíron as mulleres non só na música, senón tamén nas humanidades e no feminismo. Un espectáculo inesquecible.


Séguenos