B.P.M. DE POIO
O 25 DE SETEMBRO A TITIRICLETA do TITIRICLETEIRO chegou á biblioteca, pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, a India, Guatemala… na procura da paz..
O 25 DE SETEMBRO A TITIRICLETA do TITIRICLETEIRO chegou á biblioteca, pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, a India, Guatemala… na procura da paz..
Tivemos o gusto de desfrutar das historias cheas de emocións que nos contou a animadora Andrea.Moitos bicos e ata a próxima!.
Envío dúas fotos do contacontos “Conto Contigo” de Expresións Produccións, realizada o venres 22 de abril na biblioteca municipal de Poio. Maiores e pequenos pasámolo moi ben e disfrutamos moito coas historias que nos contaron. Agardamos repetir pronto a experiencia.
Este mércores desfrutamos na Biblioteca Pública Municipal de Poio dun obradoiro fantástico con contacontos e experimentos de ciencia.
Gracias a Solidariedade Internacional de Galicia por esa máxica sesión de contacontos do mundo para un día tan especial para Galicia como é o día 17 de maio.
O 27 de marzo celebramos na Biblioteca Municipal de Poio o Día Internacional do Teatro, coa actuación especial do grupo Expresións Produccións, co seu espectáculo “Conto contigo”.Contos, maxia e monicreques estiveron presentes durante todo o programa.
A Biblioteca Pública Municipal de Poio, recibiu unha grata visita de Dada o Duende o domingo 28 de setembro.
Grazas o grupo Eduvia por echer de ilusión os máis pequenos.
O sábado pola mañá tivemos unha sesión de contacontos a cargo de Marisa Irimia “Contos de marmeleiro, anis e limón” .Historias cheas de maxia e emocións. Contos doutros tempos e outras falas, contos que nos fixeron gozar .
Pola tarde tivemos unha conferencia arredor da figura de Xosé Mª Díaz Castro por Concha Blanco “Entrando no calendario”.
O Día Internacional do libro infantil e xuvenil a Biblioteca Pública Municipal de Poio celebróuno cun obradoiro artístico para os nenos, un obradoiro de marionetas de papel.
Neste obradoiro, iniciamos @s nen@s na cociña.
Guiados por dous profesores titulados de hostalería, aprenderon a traballar diferentes tipos de mesturas para realizar pans, muffins e galletas, que unha vez amasadas, pasaron polo forno.
Séguenos