MAGÍN BLANCO CON LIBROS EN-CANTADOS EN CAMARIÑAS
Magín Blanco trouxo a Camariñas un puñado de libros e cancións infantís.

Magín Blanco trouxo a Camariñas un puñado de libros e cancións infantís.

Magin Blanco, autor de libros de cancións infantís como “A nena e o grilo nun barquiño” ou “Gatuxo” e colaborador noutros como “María Fumaça” ou “Xiqui xoque, fiú fiú” estivo sábado 16 de maio na Biblioteca Municipal do Grove.

Cantar e contar con Magín Blanco as historias das viaxes de A nena e o grilo, da locomotora María Fumaça, da Rosalía pequeniña… e quen sabe se algunha outra sorpresa nos trouxo este músico, que nos levoucoas suas creacións a tantos lugares como soñamos.

Unha mañá moi musical e entretenida na compañía de Magin Blanco. Hora e media de cancións e diversión na que grandes e pequenos cantaron, tocaron palmas e acompañaron os ritmos das cancións máis coñecidas deste artista nunca biblioteca abarrotada.

O venres dia 15 coincidindo coa celebración das “Letras Galegas 2015″, visitounos Raquel Galavís. Unhas 95 persoas entre nenos e adultos disfrutamos desta actividade de dinamización con música, danza e por suposto contos.Bailamos, cantamos e soñamos acompañados pola guitarra do seu compañeiro. Raquel púxonos en movemento coas mans, cos pes e o final con todo o noso corpo.Pasámolo todos xenial.
Onte, 14 de maio, tivemos na biblioteca, o espectáculo do grupo Ghazafelhos co seu espectaculo ”Contos de lobo”: unha serie de contos con lobos.

A combinación destes contos con xogos de acrobacia, maxia e sobre todo moito humor fixo que pasaramos un rato moi entretido.

Na tarde do 14 de maio, Migallas Teatro representaron na Biblioteca Municipal de Lugo a súa obra “Merenda con pan de Millo”.
Se alguén pensaba que o proceso de elaboración do pan era aburrido, eles demostraron todo o contrario. Cargados con todos os aparellos necesarios, acompañados da súa guitarra e unha banda de pulgas, e vestidos para a ocasión, chegaron dispostos a compartir cos asistentes a súa historia e as súas cancións.

Migallas na Biblioteca Municipal de Lugo
“Miña avoa Manuela”, “Pan de millo” ou “Que cousa, cousiña, é?”, foron algunhas das cancións que interpretaron e coas que conseguiron que os nenos e nenas pasaran unha tarde inmellorable.

Migallas na biblioteca Municipal de Lugo
O mércores 13 de maio, a compañía Os Quinquilláns pasou pola Casa de Cultura de Cee para ofrecer un espectáculo cheo de diversa e apaixonantes historias, que fixeron dos cativos/as uns auténticos mergulladores para que nunha especie de “expedición marina” foran descubrindo a lenda de por que a auga do mar e salgada.
Desde un primeiro momento a función logrou arrincar os sorrisos e exclamacións de asombro dos 290 nenas e nenas do 1º e 2º ciclo de primaria dos diferentes centros educativos do Concello; cativos que grazas a “dous investigadores, sumerxíronse no medio mariño” , despertando a súa curiosidade sobre o tema da salinidade dos oceános.
Obra teatral de pequeno formato, divertida e amena, recomendada para nen@s menores de 12 anos.
O luns 11 de maio Rois os 165 nenos e neas de Rois entre 2 e 8 anos gozaron do espectáculo dos Monicreques de Kukas.
O alumnado regresou aos seus centros educativos cun peculiar helicóptero de papel, agasallo do protagonista da función.
O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL GOZA COS CONTOS MUSICADOS
O alumnado de 0 a 3 anos, gozaron cos contiños acompañados de música, que a compañía Migallas Teatro presentou en Rois o pasado 27 de abril.
Ver a bebés completamente absortos no espectáculo, amosa a maxia das verbas e da música.
O espectáculo rematou con baile e festa rachada a ritmo da Saia da Carolina.

Paco Nogueiras fixo vibrar Rois co seu espectáculo Brinca Vai! De aquí a acolá, o pasado 4 de maio.

O alumnado de 1º e 2º ciclo de educación primaria do municipio, gozou coa música onde se narraban as distintas celebracións festivas do noso país: o Samaín, o Entroido, o Nadal, desde diferentes estilos musicais (reggea, hip hop, electrónica, folk…).
Un espectáculo no que Paco Nogueiras, enche o escenario acompañado da súa máquina!
O sábado 9 de maio Polo correo do vento achegou ata a Axencia de Lectura de San Vicente o seu espectáculo “A volta ao mundo en oito máquinas”.
Un contacontos ilustrado e musicado que trata sobre unha viaxe arredor do mundo e que homenaxea autores como Julio Verne, os Beatles ou Marilar Alexandre, que rematará cun obradoiro de debuxo sobre un personaxe da historia.
Ao final do contacontos, grandes e pequenos aprenderon a debuxar unha personaxe do conto e colorearon diferentes escenas do mesmo.
Outra fantástica mañá de sábado na Axencia de Lectura de San Vicente


Séguenos