CONTIARIO na ALM de Areas (Ponteareas) narrado polo artista “Os contos de Pablísimo”
A Axencia de Lectura Municipal de Areas tivo o espectáculo “Contiario” do artista “Os Contos de Pablísimo” narrado por Pablo Sánchez o pasado 28 de abril ás 18 horas co motivo do Día Internacional do Libro.
Un espectáculo completo e cheo de diversión que engaiolou a pequenos e adultos dende o minuto cero e fixo espertar a curiosidade polos libros. Contos máis raros, interesantes e exóticos do mundo! Contos que empezaron ó revés, contos con varios finais, contos de nunca rematar, uns máis curtos outros máis longos, contos con letras A E I O U, contos con animais, trabalinguas que provocaron risas entre o público, fábulas, cantares de cegos, contos-cancións acompañados por instrumentos musicais e orixinais e coa participación dos nenos.






























Séguenos