Trinketrinke Teatro. Animais do bosque na BPM da Guarda




En “contos … entre cordas” os rapaces disfrutaron dunha actividade moi entretida, poideron achegarse a música clásica dunha maneira diferente, a través de contos, música e a impresionante arpa.

A Biblioteca Xela Arias de Chapela acolleu a función: “Onde viven os monstros”, un espectáculo de títeres cheo de personaxes monstrosos pero capaces de namorar ao público asistente.
Carmen Domech, condutora da función, soubo transmitir a emoción, a fantasía e o gozo das historias que formaban parte deste contacontos.
Con esta actividade festexamos o Día das Bibliotecas, que pudemos levar a cabo grazas ao programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.
O pasado sábado 21 de Outubro, pasamos unha tarde con Magín Blanco e a súa obra “Caderno de cores e cancións”, foi unha actividade creativa, dinámica e divertida para todo o público asistente, pero a rapazada pasouno xenial.

Viravolta Títeres achegou ata a Axencia de Lectura de San vicente o seu espectáculo de títeres “A nena que rega a alfabaca e o príncipe preguntón”. Un retablo, unha guitarra e títeres de luva para contar os namoramentos da falangueira filla do zapateiro e un príncipe sabichón.

Á función asistiu o alumnado de Educación Infantil e Primaria do CEIP As Bizocas.

O pasado dia 21 de Outubro celebramos a semana do ” Día das Bibliotecas” cun contacontos musicado moi entretido. Participaron moitos rapaces e rapazas coas súas familias e pasámolo moi ben!!
Graciñas a Blanca Millán e R.J Peralta por esta tarde de contos 😉



Este foi un evento a medias entre os contos e a experiencia, pois as familias puideron escoitar contos de abellas ó tempo que tomaron contacto, literalmente, coas abellas e o seu mundo.
Houbo tamén cousas como colmeas ou cera para que os participantes coñezan de primeira man a marabilloso mun
do das abellas e a apicultura. Axudou a Avelino, Mari Fé Sixto coñecida e aprezada apicultora
do Valadouro.
O sábado 21 de outubro, visitounos o Mago Paco coa actuación “Unha maxia diferente” na bibloteca municipal Luís Rei de Cambados, cun espectáculo onde a través de historias e xogos de maxia traballa a igualdade, o respecto, a tolerancia… no que aprendemos que ser diferentes fainos ser únicos.
Unha actividade moi divertida!!!


Teatro dos Ghazafelhos achegou ata a Biblioteca Muncipal do Grove o espectáculo “A máquina do tempo”.
A doutora Mon e o seu axudante Pe, logran construír unha máquina do tempo coa que amosaron á rapazada a verdadeira historia das civilizacións mandando a Pe e a varios voluntarios e voluntarias a distintas épocas da nosa historia.



Rematamos un ano máis o programa Ler conta moito coa celebración do día das Bibliotecas!
Fixemolo cun concerto extraordinario de Pakolas e o seu estilo rockeiro inconfundible.
Os nenos , nenas e pais cantaron , bailaron e fixeron festa dende o pricipio ata o final!
Encantados de terte outra vez con nós Paco, pasámolo xenial!
Ata a próxima!





Séguenos