Iguais e diferentes de Expresións Produccións
O sábado pola tarde, celebramos en Poio ás Letras Galegas cun espectáculo de Expresión Produccións.
Houbo xogos, contos, moitas risas,maxia…
Grazas Manuel.
O sábado pola tarde, celebramos en Poio ás Letras Galegas cun espectáculo de Expresión Produccións.
Houbo xogos, contos, moitas risas,maxia…
Grazas Manuel.

Ao sol,
que carexa compracido
este banco de xardín
volve o sosego
Que é case sono,
unha vontade de dormir desperto,
Este mércores o Centro Sociocultural Maruxa e Coralia de Santiago recibiu unha sorpresa moi especial: a visita de Luísa Villalta… a homenaxeada polo Día das Letras Galegas no 2024.
Unha xornada inesquecible na que a música, especialmente o violín, o instrumento preferido da nosa escritora, foi acompañando os versos e as anécdotas que a actriz Helga Mández, na pel de Luísa Villalta soubo facer, coa súa interpretación un verdadeiro acto poético.
Un pracer Luísa, ata sempre.


O 15 de maio é o Día Internacional das Familias. Para celebrar esta efeméride, a biblioteca de Dodro contou co Iolanda Eiras e o seu espectáculo “ Fogares de cores”. Actividade, educativa e tamén divertida, que nos amosa que existen moitas formas e conceptos de familia.

o luns 13 de maio ás 12:00 os artistas de ANIMAR-T visitaron a biblioteca municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos. Nenos e nenas de sete e oito anos disfrutaron do espectáculo de música, luces e baile permañecendo moi atentos á historia que Miguel, preocupado por un paxariño que ía visitalo todos os días durante a pandemia do ano 2020, lles contaba. Miguel , ante a imposibilidade de falar co esquivo paxaro, interroga aos seus animais , un can, unha galiña, unha tartaruga e a súa vaca. Con cada un deles canta unha canción que fai as delicias dos pequenos.
Espectáculo recomendable dado a implicación que teñen co público a quen meten na historia dende o principio.




Na biblioteca de Foz pasamos unha mañá moi animada con Fran Campos de Bandullo Azul e a súa compañeira Filipa. Tanto pequenos e maiores, quedaron encantados coas historias filipantes e os contos musicados desta parella tan divertida. A biblioteca encheuse de risas, alegría e diversión.
Moi boa promoción da biblioteca e da lectura por parte de Fran Campos, quen fixo mención da gran labor das bibliotecas e dos libros tanto ao principio do contacontos como no transcurso da actividade.
O pasado Venres 3 de Maio ás 13:00 horas tivemos no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén o espectáculo “O LIBRO VIVO” de Expresións Producións, unha actividade que forma parte do programa de Animación á Lectura e de Dinamización da Lingua Galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén – BiblioPazos e do programa de dinamización da lectura nas bibliotecas LER CONTA MOITO que promove a Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (Xunta de Galicia) en colaboración cos concellos galegos titulares dalgunha biblioteca ou axencia de lectura públicas integradas na rede de bibliotecas de Galicia.
“O LIBRO VIVO” foi un espectáculo de contacontos teatralizado con monicreques, cancións e maxia no que o libro foi o fío do mesmo; cheo de ilusión e maxia, dun libro xigante, vivo, sairon moitísimas sorpresas: personaxes, contos… Un espectáculo interactivo, dinámico e divertido.
Asistiu a este evento ao alumnado de 1º a 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI, que o pasaron estupendamente ben.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA
Este venres tivemos na Biblioteca Pública Municipal de Poio unha visita moi especial, a de Charo Pita.
Contos para bebés, moitas cancións…

A compañía Títeres Seisdedos trouxo a Moaña o seu espectáculo O Galo Quirico un conto da tradición oral galega que mezcla música e títeres. A actividade resoltou moi divertida sobre todo para os máis pequenos .


O pasado Día do Libro a Biblioteca das Pontes foi unha celebración. Sobre todo grazas ao espectáculo Ondamini de Mamá Cabra. Os nenos e nenas ponteses, e tamén os adultos, bailamos, cantamos e pasámolo estupendo nunha das datas máis queridas para os lectores. Mamá Cabra sempre nos enche de alegría, música e bo humor. Grazas por acompañarnos este Día do Libro!
Este mércores, 17 de abril, pola mañan na Axencia de Lectura de San Vicente, os nenos e nenas do CEIP As Bizocas disfutaron dunha sesión circense moi especial. Os números máis importantes do circo aparecen en escena grazas as marionetas de fíos, levándonos a época máis dorada do circo. Onde forzudos, equilibristas, domadores, faquires facían as delicias de todos os que alí acudían.
Unha actividade moi participatica na que en todo momento os nenos e nenas interactuaban cos vellos traballadores daquel circo para axudalos e animalos a representar os números circenses mais importantes.

Espectáculo a cargo da compañia Tanxarina Teatro que nunca defraudan e onde os mais pequenos e non tan pequenos disfrutamos dende o minuto 1.


Séguenos