04/10/2023
Onte martes 2 de outubro, tivemos con nós a compañía Xarope Tulú coa actuación “Roupa tendida” de Atenea García. Roupa tendida é un espectáculo de narración oral que procura afondar na literatura de tradición oral.
Contar hoxe os contos de onte permítenos reflexionar sobre as nosas crenzas, observalas coa perspectiva do tempo, contalas desde a visión daquelas pequenas que se fixeron grandes e cuestionaron unha e outra vez o papel das silenciadas, das que non tiveron voz.
O espectáculo tivo moita aceptación por parte do público e os nenos pasaron unha tarde moi divertida.

Séguenos