Polo correo do vento na B.P.M. de Poio
Onte tivemos unha tarde moi animada grazas a Polo correo do vento.Deica a próxima visita…
Onte tivemos unha tarde moi animada grazas a Polo correo do vento.Deica a próxima visita…
O xoves 8 de setembro de 2022, ás 19.00 h., na biblioteca do Porriño tivemos a actuación de Fran Rei coa obra “Superheroe”, un espectáculo de narración familiar á que acudiu un gran número de persoas da nosa comunidade.
Trátase dunha obra moi entretida con argumento moi peculiar. En ausencia, por motivos laborais, de Supernai, o noso Superheroe deberá salvar a humanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación. Así, deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon unha lavadora ou cambia un cueiro. E todo, no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos. Unha desventura cómica que bebe tanto das grandes e populares producións cinematográficas de superheroes, tan de moda nos últimos anos, como da apaixonante experiencia persoal da paternidade, que pretende ser unha sentida e sincera homenaxe a todos e todas @s superheroes e superheroinas que, día a día, nos fan a vida máis doada, máis fermosa e máis feliz.

Seguimos coa programación de Ler conta Moito 2022,
o xoves 8 de setembro visitounos Títeres e conta contos Tarabelos,
co espectáculo ” O TRAXE NOVO DO REI”, un traxe especial para un rei especial,
un traxe novo e máxico, que nos fixo pasar unha tarde moi divertida, donde a cativada foi moi participativa.


O domingo 11 na biblio os nenos que asistiron a actividade de títeres cachirulo tamén tiveron gañas de probar o xeado. Espectáculo que trasmite amor polos animais con moi boa aceptación polos cativos.
Da man de Raquel, o pasado xoves poidemos desfrutar na Casa Habanera dos contos: A partes iguais, A máscara do león, A sopa queima, Pedra , pau e palla, O galo traganoces da editora Oqo.
Un auténtico pracer!!


O pasado 1 de Setembro disfrutamos dunha tarde de contos na Biblioteca de Val do Dubra con “cambi@ contos: Filipa cos contos”, cambiamos as personaxes dalgunhas historias ben coñecidas e démoslle un pequeno xiro de guión a outras.
A rapazada participou moito na actuación, e gustarónlle moito os contos de Filipa.
Mércores 31 de agosto tivemos a derradeira actuación do programa LER CONTA MOITO.
Contos Animados é un espectáculo de animación á lectura, con maxia, contos, monicreques e participación do público.


O mércores 24 de agosto Sabela convidounos a viaxar coa imaxinación.
Que levarías na maleta para visitar países reais ou fantásticos?




O pasado xoves 25 de Agosto dentro do conxunto de actividades de «Ler Conta Moito» da biblioteca de Val do Dubra, tivemos a actuación de títeres Cachirulo ca súa obra “A CABEZA DO DRAGON”.
Tanto os nenos/as como os adultos, disfrutamos dunha tarde estupenda con esta divertida obra de Valle-Inclán que nos transporta a un reino de fadas e dragóns para vivir unha aventura onde a bondade e o amor triunfan sobre a soberbia dos poderosos.
O pasado venres 26 de Agosto dentro do conxunto de actividades «Agosto: Venres de Conto» tivemos a actuación de Música Miúda en concerto na Rúa Irmáns La Salle ás 20:00h. A presente actividade remata o ciclo de actividades de fomento á lectura e dinamización cultural no mes de agosto.
Actividade na que colabora a Rede de Bibliotecas de Galicia no Programa Ler Conta Moito.
Vídeo da actividade: https://www.instagram.com/reel/ChvJltOueQ4/?utm_source=ig_web_copy_link
Música Miúda en concerto: Sinopse: Coñeces as cancións de Bemol Pequeno? Vén bailar e cantar coa meiga Xela, o dinosaurio Pepón, e moitxs máis personaxes. Un espectáculo de música en eléctrico para toda a familia!
Contido multimedia


Séguenos