Animais artistas e outras cousiñas na Biblioteca Pública Municipal A Ponte
O mércores 10 de agosto, Iván estivo na biblioteca para contarnos 3 historia de tres animais artistas, moi especiais.



O mércores 10 de agosto, Iván estivo na biblioteca para contarnos 3 historia de tres animais artistas, moi especiais.



Onte o Mago Paco visitou o concello de A Bola para traernos un espectáculo de Maxia Divertida coa que disfrutamos moito tanto nenos/as coma adultos/as. A treboada e a chuvia non nos deu tregua e obrigou a trasladar finalmente o espectáculo e a Biblioteca de Verán da Bola cara un espazo cuberto, pero non puido parar as nosas gañas de pasalo ben cos trucos de maxia e xogos que Paco nos propuxo do xeito máis interactivo e ameno!






O mago José Rivera fíxolle aos/ás participantes no Campamento de verán de Irixoa un obradoiro no que a través do ilusionismo ensinou a práctica de pequenos efectos de ilusionismo ó seu alcance, e o xeito de mellorar e apre
nder máis, enfocando á lectura como ferramenta e espertando nos nenos e nas nenas o gusaniño da maxia, mellorando a súa creatividade e estimulando a súa imaxinación, ao tempo que se desenrola o seu pensamento crítico.
O vernes 5 de agosto tivemos a actuación de Títeres Cachirulo nos alrededores da biblioteca de Covelo para un público familiar que disfrutou da obra “Cachimóbil: A cabeza do dragón ” e as aventuras do príncipe Verdemar.
Onte 4 de agosto estivo o Mago Paco, mesturando os contos, con xogos e, por suposto, con moita maxia.


Que ven o pasamos, grazas.
A praza que temos non exterior da Biblioteca Pública Municipal ” Casa Habaneira” do Concello de Guitiriz, converteuse nun pequeno festival de música. Da man de Brinca&Emusin, que trouxo a súa actividade ” Un conto musical”, poidemos desfrutar un obradoiro dinámico onde explorar a música con todos o sentidos.
Ollade que ven ou pasamos maiores e nen@s!


Quen nos quere é quen nos coida e nos respecta. Contacontos para apreciar a afectividade san. Moi interesante.
O venres 29 de xullo, estivo un duende moi especial na biblioteca, que nos fixo partícipe de tres historias entretidas con cancións moi pegadizas.


O pasado venres 29 de xullo tivemos e disfrutamos nos alrededores da biblioteca de Covelo das cancións e contos de Pablo Díaz coa sesión de “Contando números, cantando cores”.
O mércores 27 de xullo Olga trouxonos a historia de Maruxiña, unha osa que loita por ter unha vida mellor e no seu camiño non esta soa.




Séguenos