Sábado 25 de setembro, nenas/os asistentes aos “Contos da Bruxa Chispum” na Biblioteca de Betanzos


Divertidísmo percorrido pola historia da man de Teatro Ghazafelhos. Grazas á máquina do tempo da doutora Mon, viaxamos polas distintas épocas históricas, desde o Xurásico ata a Idade Contemporánea

E coñecimos á mona Lucy, a un cavernícola, a Akenatón, a Leonardo da Vinci e ata Neil Armstrong!

O xoves 23 de setembro o mago Deimi visitou a biblioteca de Monforte de Lemos. Durante unha hora fixo disfrutar a nenos e maiores dun espectáculo de maxia na que os libros e a lectura foron os fios conductores. Libros en branco que por arte de maxia enchen as súas páxinas de cores, xornais dos que saen moedas, debuxos de peixes que se transforman en peixes de verdade e mesas voadoras, son algúns dos trucos que coa colaboración de pequenos axudantes executou para disfrute de todos.
Esperamos que o xoves 30 os pequenos volvan a disfrutar cunha nova actividade que a biblioteca municipal ten programada.




Este xoves contamos na biblioteca coa compañía Duende Sico e a súa representación de títeres Elba e Marcos e os xoguetes encantados. Elba e Marcos son irmáns e ás veces teñen as súas diferenzas… Agóchanse os xoguetes, fanse trasnadas, dialogan sobre as profesións, xogan ás palabras rimadas, etc. Pero o pasan xenial, como as nenas e nenos de Oleiros nesta xornada de contos.

O día 21 de setembro a Biblioteca de Lourenzá tivo o pracer de contar coa presenza do cantautor Manoel de Felisa , nun espectáculo onde a música se mestura co mundo das lendas para achegarnos aspectos moi interesante do Camiño de Santiago.


O venres 17 de setembro, as compoñentes de Trécola Teatro visitaron a biblioteca de Nós e, aderezadas con música e baile, nos contaron moitas historias sobre a igualdade.
Foi unha sesión divertida e moi interesante.


Grandes e pequenos gozaron, o pasado venres en Touro, da música e dos contos de Chuches Amil.

Onte comezamos as actividades de animación á lectura deste mes de setembro do programa LER CONTA MOITO co desexo de cumprir o noso obxectivo de seguir promocionando a educación e a cultura, pero sobre todo animar á lectura a nenos/as, mozos/as e adultos de todas as idades; ademáis de ofrecer espazos de encontro para descubrir, compartir e achegar á cidadanía á lectura e á información dun xeito divertido e ameno.
A primeira das actividades tivo lugar onte XOVES 16 de setembro ás 12:30 horas, no Auditorio do Concello, no que contaremos con Diego González Hermida “O CALBOROTA” que nos trouxo o seu espectáculo “UN RATO MÁXICO” no que “Don pergamiño, un vello e simpático rato de biblioteca extraordinaria que le tódolos libros que aparecen nas súas mans e os interpreta de tal xeito que os nenos e as nenas viven o seu contido e as súas aventuras como se foran propias”.
O show de maxia educativa moi interactivo onde se mesturou o ilusionismo co contacontos e os monicreques, fomentando a imaxinación e a participación co obxectivo principal de animar á lectura.
Os convidados a esta actividade, os alumnos de INFANTIL do CPI “Curros Enríquez” de Pazos, pasaron “UN RATO MÁXICO” estupendo e moi divertido.


Séguenos