EXTRA! de Paco Nogueiras, na Biblioteca de Verín
O pasado venres 13 de Agosto disfrutamos con EXTRA! de Paco Nogueiras.

Unha gran actividade cun público entregado.

O pasado venres 13 de Agosto disfrutamos con EXTRA! de Paco Nogueiras.

Unha gran actividade cun público entregado.

Pedro Brandariz chega a Xermade con esta actividade que nos describe os novos modelos familiares, sempre dende unha visión cómica e contando co apoio de libros como “Con Tango son tres” ou “O libro dos porcos”.

Luns 9 de agosto a compañia a Run Run estivo na biblioteca contándonos a historia dunha nena moi especial chamada Thais.


O venres 6 de agosto as 11 horas a compañia a “Run Run” estivo coa obra “Aquelando as nosas letras con Xela”.

O público pudo imaxinar e participar do percorrido da vida de Xela Arias dende pequeña ata que publicou as súas obras.
Na alta montaña lucense gozamos dun pequeno gran festival de cine: o Festivaliño na biblio. Todxs xs asistentes puideron ver as mellores curtas do mundo seleccionadas en exclusiva para a ocasión. Ademais, entre curta e curta, cantamos unha canción (ou dúas).


O pasado venres día 6 de Agosto tivemos o pracer de ter connosco a Raquel Queizás realizando a contada “Dámoslle volta ao conto: Contos pola igualdade”, ao carón da Biblioteca de Verín, na rúa Irmáns La Salle. Máis de 50 asistentes asistiron atentos á contada.
Os Venres de Conto, son un Conxunto de actividades enmarcadas dentro do Programa LER CONTA MOITO da Xunta de Galicia e organizado pola Biblioteca Municipal do Concello de Verín.

Os contos de Pablisimo buscaba príncipes rosas…e princesas azuis en Irixoa. Contos de valentes princesas enfrontandose a dragóns e de príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro!, o príncipe cincento, As princesas tamén botan peidos e unha versión gamberra e interactiva de A PRINCESA E O CHICHARO de modo moi ameno e divertido.

Bromas sen fin, participación do público e humor, moito humor son as chaves desta adaptación circense do clásico conto “O flautista de Hamelín” no que descubriremos o que sucedeu en realidade.
A través do clown, os malabares, o xogo e a participación do público contaronnos como a aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de ratos que molestan e fan imposible a vida dos seus habitantes.
Xa coñecedes a historia que vos contaron, é hora de coñecer a verdadeira historia de Hamelín.
Espectáculo a cargo de MOC MOC Espectáculos y animación.




Inspirados polo canto da buguina, bebés e nenos pequenos de Moeche, xunto con pais e nais, viaxaron polo mar visitando as illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas…, regando a herba e cantando cancións de mares e mareas.
O mércores 28 de xullo tivo lugar a actuación de A Run Run co espectáculo Avoas no exterior da biblioteca.


Foi unha hora moi divertida na compaña de duas avoiñas moi activas.


Séguenos