Isto non é só unha caixa, contada de Sarabela Teatro, na Biblioteca de Verín.
O pasado venres 20 de Agosto, ás 20h, na Rúa Irmáns La Salle (ao carón da Biblioteca – Salón de Actos), tivemos o espectáculo de contos e viaxe coa imaxinación con Sarabela Teatro, “Isto non é só unha caixa”.
Gran número de participantes acudiron á chamada da Biblioteca do Concello de Verín.











O pasado venres día 6 de Agosto tivemos o pracer de ter connosco a Raquel Queizás realizando a contada “Dámoslle volta ao conto: Contos pola igualdade”, ao carón da Biblioteca de Verín, na rúa Irmáns La Salle. Máis de 50 asistentes asistiron atentos á contada.
Os contos de Pablisimo buscaba príncipes rosas…e princesas azuis en Irixoa. Contos de valentes princesas enfrontandose a dragóns e de príncipes que lavan a roupa e pasan o ferro!, o príncipe cincento, As princesas tamén botan peidos e unha versión gamberra e interactiva de A PRINCESA E O CHICHARO de modo moi ameno e divertido.








Séguenos