Avoas na Biblioteca Pública Municipal de San Francisco
O mércores 28 de xullo tivo lugar a actuación de A Run Run co espectáculo Avoas no exterior da biblioteca.


Foi unha hora moi divertida na compaña de duas avoiñas moi activas.
O mércores 28 de xullo tivo lugar a actuación de A Run Run co espectáculo Avoas no exterior da biblioteca.


Foi unha hora moi divertida na compaña de duas avoiñas moi activas.

O día 26 estivo en Covelo Pakolas, co seu estilo rockeiro cantou e contounos a historia de Ramona, unha muller labrega e científica do Courel que posúe unha horta cibernética e inventou unha máquina do tempo.

O martes 21 de xullo as 11:30 horas acutuación a cargo de “A Run Run”

Grazas GALI polo bo momento que nos fixeches pasar.
O venres 9 de xullo as 11 hora tivemos a actuación “A señor do castelo” coa artista Sabela Gago.



Abraiados e abraiadas marcharon os e as asistentes ao espectáculo Historias fabulosas, dous magos e outras cousas de Ian e Elisa.

Ian e Elisa en Touro

Ian e Elisa Touro

Onte os rapaces e rapazas das Pontes riron de boa gana co espectáculo de Moc Moc, A verdadeira historia de Hamelin. Ademais da narración oral do conto tradicional, versionado por Moc Moc, tivemos oacasión de asistir aos seus números de malabares e clown, que foron do máis divertido e que entretiveron a grandes e pequenos. Un pracer contar con actividades deste nivel.
O carismático artista Xoan Curiel amosounos o venres 16 de xullo en Parada de Sil qué doado e divertido é montar unha Banda de Verán chea de música e divertimento.
Paso a paso fomos aprendendo cada instrumento e cada estilo musical. Toda a rapazada da Axencia de Lectura de Parada de Sil descobrimos estilos musicais coma o rock, o pop, o rap, o reggae, a xota, a muiñeira, a rumba…
A través do seu conto fomos participando nun concerto onde todos nos activamos cantando, palmeando, taconeando e disfrutamos a tope.
Grazas Xoan por darnos marcha nunha tarde tan calurosa deste verán 2021!
Xa pasou por Redondela á Peregrina Máxica! e deixounos unha interesantísima conxunción entre maxia, historia e curiosidades en torno ao Camiño de Santiago.
Bo Camiño, Leo Leiño!
O pasado domingo, 11 de Xullo, Xoan Curiel achegou a O Irixo o seu espectáculo “Como montar a túa banda de verán” onde os/as máis pequenos/as e as súas familias, cantaron, bailaron, desfrutaron e aprenderon como montar unha banda músical a que decidiron denominar “Explosión de imaxinación”
Un espectáculo moi divertido, para descubrir os sons e os ritmops musicais.

O martes 13 de xullo, na Biblioteca Pública Municipal de A Fonsagrada, festexamos o Día Mundial do Rock con Ramona Órbita. Grazas a ela viaxamos á prehistoria a comer churrasco de mamut, visitamos a Leonardo Da Vinci no Renacemento, achegámonos ao Antigo Exipto cun tal Ramsés que lle cheiran os pés e teletransportámonos a un futuro máis ecolóxico.

Os nosos agradecementos a Pakolas por facernos pasar unha tarde tan divertida.


Séguenos