“Son no berce” con Cristina Collazo na Biblioteca José Saramago do CSC de Vite
“Música mais poesía”: pura emoción para as crianzas da man de Cristina Collazo.
“Música mais poesía”: pura emoción para as crianzas da man de Cristina Collazo.

Que mellor estimulación sensorial para os bebés que os xogos ao son da música e os arrolos tradicionais.
De todo isto gozaron os pequerrechiños de Moeche, as súas nais e outros familiares, o sábado, día cinco, na Biblioteca de Moeche, nun obradoiro a cargo de Esperanza Mara, de EmanArte
O Sábado 3 de Outubro ás 18.30 h veu a visitarnos Paco Nogueiras coa súa actuación “Brinca Vai! De aquí á acolá…

A pesar do tempo, os nenos e nenas na compaña da súa familia pasaron unha tarde moi amena onde desfrutaron das cancións deste gran autor…

Unha achega ós libros e á lectura a través das cancións interpretadas por Paco Nogueiras, tales como Brinca vai!, No Samaín, Cos pés na terra, O Apalpador, O Entroido move o corpo, Meu o mundo é!, etc. fixeron as ledicias dos máis pequenos e pequenas…

Unha tarde fantástica en días de Covid… Moitas Grazas!

O pasado venres pasamos unha tarde divertidísima na Axencia de Lectura Municipal de Carnota con Pérez & Fernández. “A tortoise, un can, two monsters e un pícnic” é un espectáculo de narración oral en galego e en inglés, repleto de humor, que aborda temas como a empatía a solidariedade e o amor.
O pasado sábado, 3 de outubro, puidemos gozar nas Bibliotecas de Carballo co espectáculo de maxia de Ian & Elisa: “Historias fabulosas, dous magos e outras cousas”, unha actuación coa que conquistaron @s maiores e pequen@s que viron a función no noso auditorio, pero tamén a tod@s aquel@s que nos seguiron por streaming nas redes sociais do Concello de Carballo, Cultura Carballo e Bibliotecas de Carballo.
Se queredes sorprendervos con diversas historias, maxia e sombras chinescas, seguramente esta sexa a vosa función!
View this post on InstagramA post shared by Bibliotecas de Carballo (@bibliocarballo) on
Esperanza Mara enfiou a narrativa do seu conto coa música sempre presente, A serea Medea quería aprender a cantar e a pesar do seu medo inicial foi collendo valor para conseguir facer real o seu soño. Así apareceron diferentes instrumentos que os nenos tiñan que adiviñar, tamén fixeron coreografías, oíron cantar a un soprano magnífica e pasaron unha hora amena e didáctica.
Seguimos co programa Ler Conta Moito e Allariz coa visita de Pakolas e a ilustradora Laura Romero.
Gozamos dun concerto para toda a familia , moi dinámico e divertido e coa gran sorte de contar coa ilustradora Laura Romero que nos fixo en directo unhos preciosos debuxos. Un tándem perfecto cheo de música de calidade!!
Quedamos encantados!!



Este xoves a Biblioteca de Chapela festexou o seu adiado 15º aniversario co músico Xoán Curiel.
Para facer a actividade nun espazo axeitado, trasladámonos ao auditorio do Piñeiral do Crego, no mesmo edificio onde está a biblioteca.

Dentro do escenario reproducimos unha biblioteca en miniatura, para acoller ao noso artista, un músico didáctico, fascinante e divertido, que foi quen de transformar a distancia física imposta, e a barreira das máscaras en auténticos sorrisos, en ritmo e en diversión compartida… ao tempo que nos aprendía máis dunha curiosidade musical.

A actividade estaba dirixida a familias, especialmente a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos, e foron moitos e moitas os que se achegaron, previa inscrición, a pasar esta tarde agradable con nós.
Moitas grazas a nenos, nenas e adultos acompañantes por acompañarnos e gozar con nós deste día.
Por moitos anos máis!
+ Info no noso blog: https://bibliotecasredondela.blogspot.com/2020/10/concertazo-na-biblioteca-xela-arias.html
Hoxe, 2 de Outubro, recibimos na biblioteca de Vilar de Santos a visita de Leo Leiño con “A maxia de Mary Poppins”.
Unha actividade coa que os nen@s puideron coñecer a unha niñeira máxica que acabou transformándose na auténtica Mary Poppins. Gozaron moito cos trucos e aprenderon cousas moi útiles, ademais de recoller e cumprir os desexos dos máis pequenos, todo elo sempre fomentando o hábito da lectura.



O xoves 1 de outubro os nenos e nenas das Pontes recibiron a visita na biblioteca de Eduvía Xestión e o seu Bibliocanta. Foi unha sesión estupenda na que cantamos e bailamos grandando a distancia de seguridade. Lembramos moitos temas do folklore galego que algunhas nais xa recordaban de cando elas eran pequenas. Todo un pracer para pasar a tarde de Xoves na Biblio.


Séguenos