CANTOS PARA A IGUALDADE NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE LOURENZÁ

o xoves 3 de outubro levouse a cabo un precioso espectáculo a cargo de Manoele De Felissa titulado ” cantos para a igualdade ” , que resultou moi gratificante para os asistentes .

o xoves 3 de outubro levouse a cabo un precioso espectáculo a cargo de Manoele De Felissa titulado ” cantos para a igualdade ” , que resultou moi gratificante para os asistentes .
Pablo Díaz chegou á Biblioteca Municipal de Lugo cunha chea de contos.

Pero ademais, ao final, regalounos algunhas das súas cancións máis coñecidas, coas que os nenos e nenas gozaron cantando e bailando.

“Maxia divertida 2.0” , co Mago Paco e o programa: Ler Conta Moito.
Unha tarde divertidísima con público infantil e familiar.

O martes 1 de outubro Sarabela Teatro entretivo a todos os asistentes á biblioteca cun espectáculo cheo de humor, onde nos mostrou as diferenzas que podemos ver noutras persoas segundo como as vexamos o mesmo que sucede cando o espello devolve as imaxes reflectidas.


No País do vento
Un bo feixe de nenas e nenos, outro feixe de mamás, papás, avoas e… Charo Pita levounos a todos ao País do vento xunto coa familia Papaventos. Escoitamos as súas aventuras, repetimos, cantamos e aprendimos as súas cancións, rimos e incluso chorimicamos. Unha delicia que invitaba a moverse ao son da guitarra e a voz de Charo. Fermosa e entretida tarde.
O grupo Trémola Teatro conquistou o corazón dos máis cativiños de Chapela, e tamén das súas familias, ao achegarnos onte a belísima narración sensorial “Que animaliño é?”. A actuación foi unha festa que encheu a biblioteca de cativos e aledou con sorrisos a nosa tarde.
VER +: https://bibliotecasredondela.blogspot.com/2019/10/teatro-para-bebes-na-biblioteca-de.html
Onte Luns 30 de Setembro Lorena Pinheiro visitóunos na Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso de Dorneda-Oleiros. Ao fío dos seus cantos e música de pandeireta xurdiron os contos cheos de animais de fábula, como a raposa vaidosa ou a garza sen panza e tivemos unha sesión do máis entretida.

O venres 27 visitounos en Cacheiras Brais das Hortas e compañía. Contaron contos arredor da iguladade e contra violencia de xénero acompañados ás veces de música. Exitazo asegurado….

Iseo A Moura compartiu cas lectoras e lectores da Biblioteca de Sada unha historia con momentos musicais sobre o importante de quererse a unha mesma para amar en liberdade.


O mago Pedro Bugarín achegou maxia, fantasía e imaxinación aos escolares da nosa parroquia, onde alumnado de 5º e mais de 6º de primaria dos tres centros de ensino da parroquia, e mais os estudantes de 1º da ESO pasárono en grande cunha sesión de maxia emocionante e divertida.

A Biblioteca municipal Xela Arias de Chapela ofreceu a actividade Maxia para Todxs dentro do programa Ler conta moito Igualdade.

VER + NO NOSO BLOG: https://bibliotecasredondela.blogspot.com/2019/09/maxia-en-igualdade-para-os-centros-de.html


Séguenos