Leo Leiño na Biblioteca Central de Cangas

Onte recibimos na Biblioteca a Leo leiño e desfrutamos cunha divertidísima sesión de maxia e contos para peques e maiores.

Onte recibimos na Biblioteca a Leo leiño e desfrutamos cunha divertidísima sesión de maxia e contos para peques e maiores.



O mércores día 9 pasamos unha mañá moi divertida na biblioteca. Estiveron con nós Noa, Antón, Uxía, o avó, a profe… Pero antes de recibilos fixemos uns exercicios previos para atraer a imaxinación…
Espellos coas mans, mirándonos a nós e ás compañeiras e compañeiros.
Con imaxinación, ollos e escoita, fomos coñecendo a Noa. Descubrimos que lle gustaba moito xogar á pelota, e tamén ás espadas, ler cómics e asubiar.
Unha sesión moi dinámica e divertida, con xogos de linguaxe cun abano co que podemos crear ata un diccionario non sexista, repeticións de textos e coreografías, mímica, teatro e psicoloxía. Así fomos descubrindo que cada persoa é especial.
Moitos parabéns a Sabela Gago pola súa profesionalidade e bo facer!
O mércores día 9 compartimos na biblioteca contos e música pola igualdade.




Contos dramatizados foron dando paso a diferentes ritmos musicais. O libro dos porcos, O Gato lambón, Orellas de bolboreta, Os de arriba e os de abaixo, Chivos chivóns… ata formar nenas, nenos e maiores unha Orquesta de animais!
Magnífico, coma sempre, Pablo Díaz trouxonos un feixe de cancións do seu repertorio musical para pasar unha tarde moi divertida. E tamén bailamos!
A través da música, a mímica e os xestos foi como comezou a actuación de Dani Blanco, para ir pouco a pouco coa palabra. Malabares e maxia para unha actuación que encantou a pequenos e maiores. Divertida e dinámica, sobran as palabras.

Pablo Sánchez (Pablísimo) deleitounos o martes 8 cunha actividade en Igualdade realmente magnífica.




Buscamos príncipes rosas e princesas azuis. Escoitamos contos versionados á igualdade de xénero, como O Príncipe e o chícharo, tamén O Príncipe Cincento de Babette Colle e ata escoitamos ás princesas botar peidos!
Poidemos ver e tocar diversos instrumentos musicais de varias partes do mundo e montar unha auténtica orquesta cos adultos acompañantes
Todo un derroche de xenialidade e unha maneira divertida de reflexionar sobre a igualdade de xénero.

Contos e música pola igualdade con María Faltri e Jorge Juncal“Ela, soña con sentirse en paz e liberar os seus segredos, sen ser xulgada polo seu aspecto e a súa identidade, libre para ser ela mesma e chegar a tocar a lúa. Decidida a emprender a súa viaxe emocional e manifestar o seu poder interior“
O venres 4 de outubro, en “Tardes de Contos e lendas” tivemos con nós a “Garabato de xogos”. “Unha armadura con ferruxe “. Espectáculo estupendo e divertido. O público disfrutou moito e aprendemos ago máis sobre a igualdade, a familia, as guerras…

O venres 4 de outubro o mago Deimi visitou a biblioteca municipal de Monforte de lemos. Durante 60 minutos fixo as ledicias de 150 nenos e nenas de 10 anos que encheron o salón de actos da casa da cultura onde se atopa a biblioteca municipal. A actividade é moi participativa xa que o mago escolle axudantes entre o públicico para facer os números e todos pelexan por sair ao escenario.
Trucos de cartas, cordas , libros que se enchen de cores, peixes que saen dun xornal fixeron que os rapaces estiveran atentos e disfrutaran moito.



Xan Perillán, da compañía Os monicreques de Kukas, visitou este xoves a nosa biblioteca, implicando aos asistentes na preparación da súa maleta máxica que levaría de viaxe ao Brasil.
A música e a maxia acompañáronnos en todo momento xunto cun loro e un can que desaparecían baixo un sombreiro e n
unha caixa.



Séguenos