O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa na Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas
A través dunha historia de amor do cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa achegaron aos cativos e maiores ao mundo da poesía, xa que utilizaron o verso para contar as súas aventuras de cociña, enmarcada nun magnífico decorado que encantou aos asistentes. Primeiro desfrutaron da súa escenificación con música e moitas risas.
Para rematar cun obradoiro no que cada participante decoraba unha madalena con pasta de azucre, estimulando a creatividade e poñendo en práctica hábitos de hixiene necesarios para realizar a actividade, xunto cos personaxes do conto.






















Séguenos