Carnota goza co Brinca Vai!

Vaia festa organizou Paco Nogueiras na Axencia de Lectura Municipal de Carnota co Brinca vai! Velaquí a rapazada carnotá totalmente entregada. Espectáculo divertidísimo e de gran calidade, absolutamente recomendable.

Vaia festa organizou Paco Nogueiras na Axencia de Lectura Municipal de Carnota co Brinca vai! Velaquí a rapazada carnotá totalmente entregada. Espectáculo divertidísimo e de gran calidade, absolutamente recomendable.
Pequenos e maiores desfrutaron dunha tarde máxica coa actuación, o 22 de xuño, da narradora Raquel Queizás co seu espectáculo “A orixe”.
Nesta sesión de contos Raquel fixo un percorrido polo mundo, achegando historias, mitos e lendas procedentes de culturas milenarias. Contounos historias da China, do Perú e moitas fábulas de animais, pouco coñecidas na nosa terra.



Este venres, 17 de xuño de 2016, coincidindo coa finalización das clases trasladamos a nosa biblioteca ambulante á Escola de Educación Infantil de Lañas (A Baña) para continuar coa campaña de animación á lectura con nenos e nenas.
Co BRINCA VAI! de aquí e dacolá de Paco Nogueiras lemos, vimos e escoitamos a variedade de instrumentos que nos poden acompañar para facer unha canción de cada celebración do ano. Pasamos medo no Samaín, disfrazámonos no Entroido, visitounos o Apalpador… un mundo cheo de animación combinado en diferentes cancións que case sabían cantar e bailar todos os pequenos e pequenas que acudiron á escola de Lañas. Traballouse co audio libro previamente e sacouselle moito partido a esta actividade. Os nenos e as nenas da Baña xa saben o que é ter os pés na terra para medrar cheos de ganas de brincar e de cultura.
Ata outra brincador@s!!!
Para conmemorar o Día da Música, Pablo Díaz achegou os máis pequenos o seu espectáculo de Cantacontos para bebés, no que mesturando os contos e a música conseguiu que tanto nenos como grandes pasasen unha tarde estupenda na Mediateca do Grilo

O pasado venres 17 de xuño celebramos nas instalacións de Fundación Ferama a entrega de diplomas dos cursos realizados durante este ano e o fallo do concurso “Bo Lector 2016”, durante esta xornada de encontro recibimos unha sorpresa que encheu de maxia a Axencia de Lectura desta mesma entidade co Mago Paco e o seu espectáculo “Divermaxia”.

A.L. Fundación Ferama
Historias cheas de maxia, empregando sempre como medio “o libro” e debuxando un sorriso permanente nos máis cativos e nos máis maiores que se achegaron a disfrutar desta gran festa que supuxo pasar unha tarde co Mago Paco.

A.L. Fundación Ferama
Con “Divermaxia” damos por pechado os actos do programa de “Ler Conta Moito” de dinamización da lectura promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas de Galicia en colaboración coas bibliotecas e axencias pertencentes.
O pasado xoves 16 de xuño na axencia de lectura de Santiso, contáronnos contos e fixeron maxia para os todos os nenos e nenas ali presentes. 
Onte xoves 16 de xuño, no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén e organizado pola Biblioteca Pública Municipal “BIBLIOPAZOS” tivemos con nos a Paco Nogueiras co seu espectáculo “Brinca Vai! De aquí e acolá” baseado no libro-cd-dvd da Editora Kalandraka.
Xunto con Paco estaban tamén a súa “Máquina” e os seus instrumentos.
Os nenos e nenas de Primaria do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos gozaron moitísimo deste espectáculo de animación á lectura a través da música, teatro e danza. Cantaron, bailaron e brincaron as cancións de Brinca vai, o Rap do magosto, No samaín, Cos pés na terra, O apalpador, O entroido move o corpo… acabando coa de Meu o mundo é!
Parabéns para Paco Nogueiras polo seu formidable espectáculo e mil grazas por facer que nos divertíramos tanto.
O sábado, 23 de abril , Dia Internacional do Libro, festexámolo cos mais cativos para fomentar o uso da biblioteca e a lectura as 18:00 h. na Biblioteca da man de Trécola Teatro, que trouxeron o contacontos “Madame Bechamel e Signorina Bolognesa”. Os nenos pasárono moi ben.
Dúas cociñeiras atoladas e un pouco máxicas cociñaron en colaboración co público, un saboroso bico mentres contaron un conto sobre o amor imposible entre un mago e unha bruxa… ou non tan imposible? Con cancións, xogos e outras sorpresas coas que desfrutar e soñar.
Ao finalizar o contacontos fixemos un sorteo de libros entre os nenos asistentes.




Actividade que mestura música, teatro e danza, onde a protagonista conta de forma sinxela e divertida o ciclo da auga e a importancia de coirdar o Medio Ambente. Unha tarde fantástica para cativ@s e maiores, tamén moi didáctica, grazas Carmiña!!!

Día 3 de xuño de 2016 ás 18:30, na biblioteca de Escairón
Para celebrar o Día dos Océanos (8 de xuño), a poucos días de comezar o verán, o bo tempo, a calor e as vacacións, mergullámonos nun mundo de historias!
Presentamos unha nova actividade do catálogo de actividades Ler conta moito:
da man de Andrea “Dos Piñeiriños”
o 3 de xuño, ás 18:30 na sala infantil
Escoitamos e gozamos cun conxunto de historias que nos convidaron a explorar o mundo das emocións da man de Roberta, que que traslada a vivir nunha nova granxa e comeza a escola nunha nova vila onde non tén aínda amigos.

Identificando sons da natureza, da granxa, e cantandos e bailandos con Roberta para aprender os números, pasóusenos axiña o tempo.
Ó rematar, entregamos os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2016, e nas sucesivas semanas planificamos varios obradoiros para celebrar o Día dos Océanos.


Séguenos