Maxia de aquí e de acolá

O mago David Méndez pasou pola nosa biblioteca o venres día 4 de agosto. O seu espectáculo gustou moito, facendo as delicias tanto dos nenos como dos maiores.

O mago David Méndez pasou pola nosa biblioteca o venres día 4 de agosto. O seu espectáculo gustou moito, facendo as delicias tanto dos nenos como dos maiores.
Hove tivemos contacontos na Biblioteca Pública Municipal “Casa Habanera”
Con Aitana e a avoa, aprendemos a atopar cancións e xogos de tradición oral que dormen escondidos na memoria das nais e avoas, porque elas tamén foron nenas. Outros contos violetas é un compedio de libros e albúms ilustrados que axudan a visibilizar os vínculos amorosos que forxamos dende pequenas ou romper estereotipos con Princesas que soltan peidos.
Mirade que ven o pasamos!!
Achegaronse a nosa biblioteca os nenos e nenas que están a participar no Concilia 2023 e tamén un grupiño de usuarios e usuarias de Centro de Día Casa Capataz.
Moitas gracias por vires a todos e a todas!!


As “maletas viaxeiras” fixeron que a imaxinación dos nenos e nenas volara máis ca nunca o pasado 2 de agosto. Estaban tan metidos nas historias que Sabela lles contaba que a seguían sen perder detalle e interactuaban moitísimo con ela. O pasaron moi ben.


“A máquina do tempo” o pasado 26 de xullo trasladou aos asistentes a distintas épocas da nosa historia, aprendendo e pasando un rato moi agradable e divertido.

O Libro máxico é un libro XIGANTE dos que foron aparecendo un montón de personaxes que contaron historias moi interesantes, e fixeron desfrutar ao público de maxia, de moita diversión e incluso de música.
Gran espectáculo educativo con moita diversión!!
O Mago paco achegouse onte día 2 de agosto ata Irixoa para facerlle maxia aos nenos/as que participan nun campamento de verán. A través de historias e xogos de maxia traballou as diferencias humanas como un punto de unión no que v
ernos reflexados. Traballou a igualdade e a violencia de xénero dende un punto de vista divertido e ilusionante, sen perder o transfondo educativo.
O mércores día 2 os nenos de Vilasantar pasaron unha maña super divertida con Ian e Elisa no obradoiro de globoflexia, onde disfrutaron da maxia e da música e a crear flores, coroas, bolboretas, animais, etc con globos.

O venres 28 de xullo no exterior da biblioteca estivo Albert cun espectaculo de maxia participativo e didáctico, no que a maxia so é posible grazas a colaboración dos nenos e nenas, mesturado co mundo dos contos populares.

02 DE AGOSTO “Garavanciña e o esquío”. Musicar un conto. BML de RIÓS.
No día de hoxe tivo lugar na nosa Biblioteca municipal, a actividade: “Garavanciña e o esquío”. Musicar un conto.

Unha actividade moi divertida na que os máis pequenos aprenderon a utilizar instrumentos a apreciar a lectura. Moi interesante e divertida!!
Onte en Esgos aprendemos a separar ben o lixo nos diferentes colectores

E tamén debuxamos o noso títere



Séguenos