“Debuxar Letras” con Alba Farto


O venres 22 setembro, ás 18:00 h, no auditorio da Biblioteca de Nigrán, tivemos: Os contos da leiteira, de OQO.



O venres 22 de setembro ás 12:00 horas tivo lugar no salón de actos da biblioteca municipal un espectáculo de maxia e conta contos a cargo de “Los Últimos” teatro. Durante 45 minutos nenos e nenas de 6 e 7 anos disfrutaron moito cos trucos e os contos da maga Sargantana.

A tarde do venres 22 de setembro tivemos na biblioteca unha sesión máxica con Pedro Bugarín.
E realmente foi unha tarde máxica e moi divertida, na que as nenas e nenos asistentes, e algunha persoa adulta, desfrutaron e participaron dos trucos de maxia con gran espectación.

O venres, 23 as nosas crianzas puideron gozar da profesionalidade e bo facer de Migallas Teatro.
Contounos un feixe de entretidas historias engalanadas con cancións e sorpresas que nos fixeron pasar unha tarde moi, moi entretida.
Moitas grazas, Bea.
Fran Campos e Filipa, contáronos unha morea de historias cas que pasamos un rato moi divertido pequenos e maiores

Este pasado venres 22 de setembro tivemos no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén a visita de AL GUANELLA co seu espectáculo “CONVERSAS CON TANA. acerca da igualdade de xénero” ao que asistiron o alumnado de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos; e os usuarios da Asociación ASPAVI.
Este espectáculo teatral baseado na ventriloquía incluíu maxia, xogos de preguntas e respostas, cancións e a participación directa do público; e nel o granxeiro AL GUANELLA coa súa cadeliña TANA, mantiveron unha fluída e divertida conversa na que afloraron diálogos delirantes ata desencadear na cuestión da igualdade de xénero. combinadas con humor, cancións, ensinanza e moita sensibilidade.
Grazas a AL GUANELLA e a súa cadeliña TANA por volver outra vez ir a Pazos de Borbén a ofrecernos un espectáculo tan participativo e divertido.
O venres 22 de Setembro tivemos connosco a Patricia coa actividade Bibliocanta para os nenos e nenas do Colexio Público de Maceda.
Para iniciar o curso 2023-2024 un grupo de 10 rapaces e rapazas participaron neste divertido “scape room”. Conseguiron resolver as pistas e dunha maneira lúdica reflexionaron sobre a importancia deloitar contra os prexuízos a partir dos personaxes literarios. 
O pasado venres 22 de setembro a biblioteca do Milladoiro encheuse dun grupo de rapaces e rapazas que se convertiron en auténticos detectives. E si!! Conseguiron dar co responsable do desorden da biblioteca!! 


Séguenos