Unha maxia diferente en Caldas de Reis
O venres 2 de xuño visitounos o Mago Paco co seu espectáculo “Unha maxia diferente” onde a través de distintas historias e xogos traballáronse as diferencias como un punto de unión no que vernos reflexados.

O venres 2 de xuño visitounos o Mago Paco co seu espectáculo “Unha maxia diferente” onde a través de distintas historias e xogos traballáronse as diferencias como un punto de unión no que vernos reflexados.

O 
O venres 2 de xuño Paula Regueiro, de Trémola Teatro, estivo na biblioteca de Sober có seu espectáculo E ti, que queres ser de maior ?
Este contacontos está protagonizado por Yoli, unha nena que quere escoller a súa profesión , ser camioneira e percorrer o mundo enteiro. Un espectáculo pola igualdade de oportunidades entre nenos e nenas, realizado dun xeito lúdico , aportando moitos coñecementos sobre mulleres que destacaron nas súas profesións. Moi recomendable. Encantounos a tod@s. !!
O venres 26 de maio Charo Pita estivo na biblioteca municipal de chantada, co espectáculo “Porco, porquiño, ensíname o camiño”
A esta actividade asistiron nenos e nenas de 1 a 3 anos acompañados das súas familias ademais dos matriculados na Galiña azul do Concello de Chantada.

Onte recibimos na Biblioteca Municipal de Lugo Isidro Novo a Mamá Cabra co seu espectáculo Ondamini con Mamá Cabra, no que Gloria Mosquera e Diego Maceiras combinaron cancións do seu repertorio con cancións populares. O éxito foi total e tanto os nenos e nenas como os maiores pasámolo xenial, cantando e bailando.






O espectáculo estivo cheo de ilusión, maxia e moito dinamismo. Os nenos e pais participaron activamente no contacontos interactivo e dinámico, que xunto cos monicreques e os xogos que se desenrolaron, potenciaron a diversión da xornada.



Moi ben o pasamos co Mago Paco!! É mago e non necesita palabras para movernos!!
O día 30 de maio , celebrando as Letras Galegas, puidemos contar coa visita especial de Amadeo, quen quixo contarnos as súas fazañas.
De feito, Amadeo trouxo o galiñeiro completiño ata a biblioteca de Coiro.
Divertida sesión de contacontos onde a través da figura dun xoven galo entramos de cheo no seu galiñeiro, accompañados de reproducións de sons de animais .
Ata outra e moita sorte Amadeo!


NENOS E MAIORES AXUDAMOS AOS ACTORES DO GRUPO AVENTEIRA A CAMBIALO CONTO DE CARAPUCHIÑA VERMELLA.
FOI UN CONTACONTOS MOI PARTICIPATIVO E ENTRETIDO.





Séguenos