Tarde de contos para os máis cativos/as na BPM de Baiona con Caxoto
Este mércores con Caxoto tomamos nota de como irnos a todos a durmir, con xogos e catigas a ritmo de humor. Unha tarde fabulosa, na Biblioteca!!

Este mércores con Caxoto tomamos nota de como irnos a todos a durmir, con xogos e catigas a ritmo de humor. Unha tarde fabulosa, na Biblioteca!!


Onte estivo na Biblioteca de Ourol O mago Paco co seu espectáculo “Hocus Pocus”. Os nenos e nenas e tamén os pais e os avós pasaron un momento moi agradable e divertido.
Na tarde de onte, 20 de outubro, Cris de Caldas achegouse ás Neves e contounos os contos da ‘bibliotecaria estrafalaria’, cos que gozamos incluso interpretando os sons dos animais!


Saudos a todos: este mércores estuvo TEATRO DE TÍTERES MIRCROMINA no pobo de Vilalba. O seu creador Tony enseñou ós asistentes que con simples ferramentas( tesouras, pegamento,cinta de papel…) e materiais de refugallo como o cartón, podían crear as súas propias figuras,monstruos,baleas,serpes, o que el@s quixeran. Pasarono entretenido,divertido, e gustoulles crear coas mans,grazas ó obradoiro de “tonarenas” , e a sua paciencia para con nós.
Dani Blanco troúxonos “historias desde o outro lado da raia”. Acercando aos nenos un pouco máis os contos do noso país veciño
A Biblioteca Central de Cambre acolleu onte, mércores 19 de outubro, unha divertida sesión de maxia para todos os públicos, a cargo do Mago Teto. Co obxectivo de espertar o interese pola arte da maxia, o espectáculo ‘4500 Anos da incrible historia da maxia (Parte 1 e 2)‘ repasou as fantásticas e sorprendentes historias do xénero, acompañadas coa realización de xogos de magos doutros tempos e a explicación dalgúns dos mellores trucos de maxia da historia. De xeito complementario, a biblioteca realiza estes días unha exposición dos seus fondos bibliográficos sobre o asunto.

Día 18 de outubro de 2022 ás 18:00, biblioteca de Escairón
Celebramos o mes das bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
da man de Andrea Barreira Freije
o 18 de outubro, ás 18:00 na biblioteca
Achegámonos á historia das mulleres na aviación.
Con Andrea aprendemos que un avión era compartido, porque era moi caro, e que ademais era raro que houbera mulleres pilotando un.
Ensaiamos equilibrio:

Despois de saber máis cousas de como era un avión na época de Amelia,fixemos os nosos avións de papel:

Despois de comprobar que voaban, personalizamos os nosos avións igual que facían os promeiros pilotos, incluso Amelia:

Unha actividade moi divertida porque os distintos modelos de avións voan distinto!

O día 19 de outubro as crianzas realizaron esculturas utilizando papel e a súa imaxinación, baixo a dirección de Electra Menéndez que en todo momento estivo pendente do traballo de cada persoa.
Por iso, nenas e nenos remataron felizmente as súas figuras.
O dia 18 de outubro, Al Guanella tróuxonos a nosa Biblioteca, unha cadeliña chamada Tana, facendo o espectáculo teatral “CONVERSAS CON TANA”, baseado na ventriloquía, coa participación da rapazada e os maiores que disfrutaron moito desta actividade.
O martes 18 de outubro chegaron as meigas á biblioteca de Coiro, foi unha visita moi especial cargada de maxia e contos onde pequenos e maiores puideron desfrutar do espéctaculo ofrecido por estas dúas meigas.
Tarde de sorpresas, feitizos, ditos e música para rir e desfrutar en familia
Espectáculo que deu por finalizado o ciclo de actividades de Ler Conta Moito para este ano.




Séguenos