Bandullo Azul coa actividade Cambi@ Contos: Filipa cos contos en Cabana de Bergantiños


Cambiache o conto!! Con contos,cancións e Filipa


Cambiache o conto!! Con contos,cancións e Filipa
Este venres 20 de maio, gozamos coas andanzas de Maruxa, que xa non quere ser bruxa como o resto das mulleres da súa familia. Ela quere ser artista e demostrounos o seu bo facer contando contos, cantando, bailando e tocando o requinto. Os nenos e nenas pasaron unha tarde moi animada cantando as cantigas e meigallos de Maruxa.

Hoxe venres e despois de unha semana de maxia, música e poemas, visitounos Charo Pita coa súa actividade “Andar aos biosbardos”. Que ben o pasamos con esta fantástica contacontos

Espectáculo variado, onde pintamos, cantamos e falamos da vida de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado
no Dia das Letras Galegas 2022.


Unha científica rusa e o seu axudante puxeron a funcionar a súa máquina do tempo e aprendemos unha chea… coñecemos grandes personaxes da historia e o máis importante, sen parar de rir. Unha tarde fantástica que nos fiexeron pasar a cativos e maiores.

Un bo número de nenas e nenos acompañados polas súas familias asistiron á actividade de animación á lectura hoxe xoves á tarde no Vicedo. Atenea García presentou o seu espectáculo de narración oral divertindo a nenos e maiores.


Na mañá do xóves, 19 de maio, Inacio Vilariño – Fantoches Baj, pasou por Cee para ofrecer un espectáculo que atrapou desde un primeiro momento ao público asistente, a través da narración oral, o humor, os monicreques, e a música; sendo esta última o fío conductor da obra. A historia do tranvía Leonardo, conta a historia do primeiro tranvía a vapor de Galicia; e tal como é contada polo artista, axuda a espertar a creatividade dos cativos, e podo asegurar polas caras de satisfacción dos rapaces ao finalizar a función, que foi do seu total agrado. En definitiva, “O tranvía Leonardo” acadou que 170 nenos e nenas de 2º, 3º e 4º Curso de Primaria dos diferentes Centros educativos do Concello de Cee pasasen unha mañá moi divertida e amena.

O mércores 16 de maio, María Faltri e Jorge Juncal achegaban a 190 rapaces de Educación Infantil e 1º Curso de Primaria dos diferentes colexios do Concello de Cee, a súa Bibliodiscoteca, cargada de fantásticas cancións infantís, acadando convertir o Auditorio nunha auténtica pista de baile, chea de alegría e festa. Cunha atractiva e divertida posta en escena, a “Picadiscos” foi facendo partícipes desde un primeiro momento ao público en xeral, o cal conectou fenomenalmente co desenvolvemento da actividade.


Séguenos