Unha “marabilla marabillosa” 😍foi o espectáculo conducido por Raquel Queizás este pasado venres, no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira de Redondela …E que sorpresas encerraba que ninguén se esperaba🤩!!!Esta mañán actuou, nas inmediacións da Biblioteca Municipal de Ribadumia, O grupo Migallas fixo as delicias de 57 nen@s con conta contos musicais e animados.

Outro día divertido de promoción da lectura da biblioteca de Valga, actividade feita ao aire libre no parque próximo á biblioteca. Disfrutamos moito co Mago Paco cos seus contos e trucos de maxia.

Hoxe, 28 de agosto, tivo lugar a actuación de Pakolas “Ti debuxas, eu c@nto” coa colaboración de Laura Romero. Pakolas encandilou aos máis de 30 asistentes con cancións de rock que falaban de persoaxes dos seus libros (Gramola Gominola, Ramona Orbita, …) ao tempo que Laura Romero os ía debuxando ao lado del.
Foi moi entretido porque implicou moito aos rapaces e facía moitas alusións a importancia das bibliotecas.

O pasado martes 25 de agosto, tivemos o pracer de ter a actividade Estrafalaria na Biblioteca Municipal de Ponteareas a cargo de Atenea García (Xarope Tulú).
Unha actividade con varios contos para a igualdade de xénero, onde os cativos aprenderon que na dita sociedade non sempre é o mellor para nós, e que, ser distintos ós demáis, non é nada malo senón máis ben ó contrario. As rarezas fannos especiais e temos que aprender a valorar ó seu lado positivo. Un contacontos áxil e moi participativo cos cativos.

O martes 25 de agosto as 11:30 horas contamos coa presenza de María Larraitz, que coa súa experiencia como titiriteira fíxonos pasar un momentos moi divertidos e musicados.


Onte 27 de agosto, na praza a carón da Biblioteca Municipal de Chantada puidemos gozar do espectáculo: “As parábolas de Pakolas”, no que Paco Cerdeira interpreta en directo unha escolla dos seus temas para público infantil-familiar, con música de estilo moi rockeiro que gustou a pequenos e adultos. Fixo un combinado de cancións coas historias que nelas se recollen, sempre cunha mensaxe final. Actividade moi participativa e amena.



Na tarde de onte tivemos na alameda de Ponte Caldelas a visita de Pablo Díaz co seu espectáculo ” Coas Miñas Mans” onde os mais pequenos tiveron a oportunidade de pasar un rato divertido

Esta martes a Biblioteca Municipal do Grove tivo a sorte de contar cun espectáculo – charla moi divertivo e interesante. Os Asistentes puideron recorrer o mundo de Harry Potter e descubrir que cousas dese mundo poderían ser viables no mundo real (vasoira voadora, varilla máxica, seres fantásticos, etc) Para cada unha delas David Ballesteros, o conductor da charla, analizaba cientificamente dunha forma moi sinxela e visual para que todos puidesen entendelo.


Os nenos de Vilasantar pasaron hoxe día 27 un momento divertido facendo un obradoiro de marionetas de variña con Anxo. Moitas grazas por participar


Séguenos