Sarabela Teatro na ALM de Vilasantar con Noa no espello

O pasado luns día 21 estivo na biblioteca de Vilasantar “Sarabela Teatro” co seu espectáculo Noa no espello, dentro do programa Igualdade e Violencia de xénero.

O pasado luns día 21 estivo na biblioteca de Vilasantar “Sarabela Teatro” co seu espectáculo Noa no espello, dentro do programa Igualdade e Violencia de xénero.
O sábado 19 de outubro os rapaces e as raparigas da biblioteca de Bertamiráns participaron no obradoiro “Constrúe o teu propio superheroe ou superheroína”, e deixando voar a imaxinación crearon uns personaxes peculiares e divertidos.
Laura Alonso propón, a partir de personaxes con superpoderes coñecidos, realizar os nosos propios personaxes soltando a imaxinación para darlle os seus superpoderes e as características que definen os seuperherois e superheroínas.

O venres 18 de outubro os rapaces e as raparigas da biblioteca do Milladoiro participaron no obradoiro “Constrúe o teu propio superheroe ou superheroína”, e deixando voar a imaxinación crearon uns personaxes peculiares e divertidos.
Laura Alonso propón, a partir de personaxes con superpoderes coñecidos, realizar os nosos propios personaxes soltando a imaxinación para darlle os seus superpoderes e as características que definen os seuperherois e superheroínas.



O contacontos Caxoto deulle un repaso, en ton humorístico, e traendo a conto as lendas artúricas, a eses estereotipos machistas que aínda invaden a nosa vida cotiá e nos que, por estar tan instalados, apenas reparamos.
Unha tarde, a de onte na axencia de lectura de Vilariño (Cambados), chea de historias sobre mulleres invisibilizadas ao longo da historia. Reflexionamos e aprendemos unha morea sobre igualdade da man de Ana Hermida.


O pasado venres no Ler Conta Moito de Domaio ficamos todas e todos sorprendidos cos poderes do mago Pedro Bugarín no seu espectáculo de maxia 4.0. Foi unha tarde de desfrute co ilusionismo.

O 21 de outubro tivemos a expresións producións con Iguais, Diferentes. Un espectáculo no que tomar conciencia que todos somos iguais, cos mesmos dereitos e deberes e ter en conta un lema moi importante. Se queres, podes.
Contacontos divertido e ameno, onde os asistentes son participan e interactuan co contador.

Iago García levou a cabo un obradoiro o domingo 20 de outubro no concello de Pantón dentro do programa Ler conta moito.

O pasado venres 18 de Outubro, os nen@s de Vilar de Santos puideron coñecer as aventuras da pirata Escarlata da man de Marisa Irimia, quen traía na súa maleta uns contos moi divertidos a través dos que transmitiu ós asistentes valores tan importantes como a igualdade.
Xuntos pasamos unha tarde moi divertida e amena.

En Valga divertímonos con “Os contos de Pablísimo”, un contacontos no que se fixo fincapé en temas de igualdade. O público desfrutou durante 40 minutos de historias, risas, música e moita aprendizaxe



Séguenos