” O ratiño presumido ” a cargo de Trinke Trinke na B.P.M.”Ánxel Fole” de Nós (Oleiros)
O luns, 23 de setembro tivemos a visita do ratiño Fuco e a ratiña Lily Gruyere. Aos dous encántanlles os libros e nesta ocasión deleitáronnos coa narración dos contos Oliver Button é unha nena e A ratiña presumida que adaptaron coma unha luva para o tema da igualdade de xénero.
O espectáculo tivo unha acollida incrible por parte do público, tantos dos nenos/as coma dos maiores.
Todos/as pasárono moi ben.
Foi todo un éxito.
Moitas grazas.


























Séguenos