A música TIC TAC TOC na biblioteca de Sarria

Os nenos e os pais de Sarria cantaron e gozaron arreo coas melodías de Pablo Díaz.
Pablo levounos de viaxe polo mundo todo!
polo mundo da fantasía os nenos viaxaron e viaxaron!!

Os nenos e os pais de Sarria cantaron e gozaron arreo coas melodías de Pablo Díaz.
Pablo levounos de viaxe polo mundo todo!
polo mundo da fantasía os nenos viaxaron e viaxaron!!
OS NENOS E NENAS DE 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA DO CPI PECALAMA CONVERTÉRONSE NOS PROTAGONISTAS DOS CONTOS POR UN DIA NESTES DIVERTIDOS OBRADOIROS CREATIVOS DE EDUVIA.

O pasado venres 21 de setembro, no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén e organizado pola Biblioteca Pública Municipal “BIBLIOPAZOS” tivemos con nos a Paco Nogueiras co seu espectáculo “Radio BULEBULE” baseado no libro-cd-dvd da Editora Kalandraka.
Os alumnos e alumnas de Educación Infantil e os de 1º a 4º de Primaria do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos, xunto cos usuarios da Asociación ASPAVI disfrutaron moitísimo deste espectáculo de animación á lectura a través da música, teatro e danza. Abriron as orellas, sintonizaron Radio BULEBULE e cantaron, bailaron e participaron dos concursos do mellor e máis divertido programa de radio da comunidade galega cheo de humor, baile e cancións.
Parabéns para Paco Nogueiras polo seu formidable espectáculo e mil grazas por facer que nos divertíramos tanto.

O xoves 20 de setembro pasou o bibliotecario Renato pola biblioteca de Lorbé, para contarnos as aventuras máxicas que enchen todas as bibliotecas do mundo, e que todos e todas podemos participar destas aventuras simplemente abrindo un libro.
Divertidísimo espectáculo cheo de maxia, música e humor que enfeitizou a todos os asistentes.


O pasado xoves 20 de setembro na biblioteca do Milladoiro puidemos gozar das historias narradas por un dos ratos de Lonxetodo, a ratiña Lilí Grúyer. Da súa man viaxamos por fermosas historias protagonizadas por tenros e orixinais avós. Todo un éxito!

O pasado martes 18 de setembro inauguramos o novo curso na biblioteca de Bertamiráns e fixémolo da man da Ratiña Lily Grúyere, que encheu a biblioteca coas súas historias sobre un par de avós moi marchosos e unha avoa e unha maceira.. Historias tenras e divertidas que fixeron as delicias das cen persoas que nos acompañaron.

Ernesto IS caracterizado para a actividade 4 (catro), enmarcada no programa Ler Conta Moito.
Quen sabe que é o refugallo? con esta pregunta comezou o noso obradoido de onte. Latas, cubos, garrafas de auga… todo vale para facer música!!! Os instrumentos que se amosaron ademais de achegalos ó mundo da música, conciencian ós nosos cativos da importancia de coidar o mediombiente e de reutilizar os obxetos.
Os nenos e nenas saíron con moitas ideas do obradoiro, pero se queredes mais ideas, xa sabedes: todo está nos libros!!!





O xoves día 20, visitounos na nosa axencia de lectura de Castrelo, Kamishibai coas “Historias Viaxeiras” de sombras chinescas, usando contos e fábulas como fio conductor facendo que o público asistente disfrutasen dun entretido espectáculo onde se fomenta o hábito da lectura como método para facer voar a imaxinación. O foi un entretenido espectáculo donde nenos e adultos disfrutaron e pasárono xenial.
A actuación realizouse na tarde do día 10 de setembro na parroquía de András, dado o aforo límitado da Axencia de Lectura trasladouse o exterior. Gran asistencia de público todo un éxito.



Séguenos