FIN DE CURSO NO CENTRO SOCIOCULTURAL DO CONCELLO DE BÓVEDA (LUGO)
Onde día 22 celebrouse o fin de actividades do centro sociocultural de Bóveda cunha festa que tivo un broche de ouro: “Bibliocanta” a cargo de Rocío Couto Rendo.
Na actividade musical pequen@s e maiores bailaron, cantaron, recitaron e xogaron co cancioneiro tradicional.





Cando chega o verán, a biblioteca Monte Alto sae a rúa para achegar a lectura e a biblioteca aos veciños do barrio. E unha boa forma de darnos a coñecer é facendo actividades de calidade para todos os públicos. Nesta ocasión, convidamos ao Mago Paco a acompañarnos o pasado 8 de xuño. Durante toda a hora tivo ao público pendente das dúas verbas; fíxonos sorrir, usando os contos e as historias como fío condutor dos seus xogos e trucos de maxia. Unha tarde inesquecible. Grazas, Mago Paco!
















Séguenos