Divermaxia na Biblioteca de Darbo
Onte o Mago Paco achegouse a Darbo e fíxonos pasar unha tarde moi divertida, chea de maxia, xogos, libros e moito humor. Cativos e maiores desfrutaron co espectáculo.

Onte o Mago Paco achegouse a Darbo e fíxonos pasar unha tarde moi divertida, chea de maxia, xogos, libros e moito humor. Cativos e maiores desfrutaron co espectáculo.


Na tarde do mércores 8 de xuño estivo na biblioteca de Sober Fátima Fernández . Os integrantes do club de lectura Pintor de Castinande tiveron a sorte de escoitar a esta gran narradora que nos contou contos de antes, os dos avós , relatos de sempre que se pasan de boca en boca e nos transmiten as nosas historias.



Xogamos por equipos e coñecemos mais sobre a vida de Manuel María.
Outro sábado, 4 de xuño, de contos na Biblioteca Municipal de Ribeira
Inacio Vilariño contando as historias do Bou Catrineta.

Un burro presumido facía que o camiño ata Ribeira fose lento, pedímoslle permiso para pasar cantando… E cantando e contando as historias da Tía Lola pasou a mañá.
Un can, un ferreiro, un pau… Pero que nos conta Inacio? Historias dun demo que foxe co noso cantar.

Grazas, Inacio! Fantoches Baj fixo que a nosa mañá de contos na Biblioteca fose marabillosa.
Neste mes de maio no que celebramos as nosas Letras Galegas, Polo Correo do Vento contounos e pintounos un conto para recordar a Manuel María, mentres todos axudábamos dende os nosos asentos.

Tamén leron algúns dos poemas de Manuel María e os rapaces e rapazas tiveron que contestar algunhas preguntas sobre o autor, o río Miño, árbores, animais, etc., de todo o que falaba o poema.

Ó conto leva tamén implícito un alegato ecolóxico que percorre a narración polo que tamén recordáronnos á terra que temos que coidar xuntos.
O titiricleteiro entrou na biblio pedaleando a súa titiricleta, acompañado do público, mentres tocaba a bocina.

Todos os nenos e nenas colaboraron con el, participando no desenvolvemento do conto, manexando os títeres, disfrazándose….

Tivemos o salón cheo.. para escoitar os contos do Titiricleteiro, contos da India, de Guatemala, de Bangladesh, na súa particular procura da paz no mundo.
Xogamos tamén á “Ximnasia da imaxinación” fomentando a lectura nesta celebración do “Día do Libro do 2016” e tamén o “Día dos libros que coidan da terra”.
Actividade con cancións, cordas, cartas, panos, papeis; da man do músico Álvaro Muras e do mago Martín Camiña coa vida de Manuel María como escenografía.

Celebrado o 29 de maio na biblioteca de Castrelo de Miño, e con actividades tamén no exterior dela aproveitando que no Parque Náutico de Galicia (onde se atopa a biblioteca), se celebrou ese día a Feira mensual de Castrelo de Miño, concurrindo unha gran cantidade de público.


Xogamos coas letras, con rapaces de diferentes idades coñecemos idiomas e linguas de forma divertida.
O pasado venres, 3 de xuño, a Biblioteca municipal da Silva acolleu a Lilli Gruyere (Trinke Trinke) para darlle a despedida á programación de actividades de dinamización do libro e da lectura desta primavera 2016. Así de ben o pasamos!!! En setembro… regresan novas actividades as nosas bibliotecas

Merendas e Contos na Biblioteca municipal da Silva (Cerceda)


O sábado, 4 de xullo tivemos na Biblioteca Municipal a actuación de Solidariedade Internacional de Galicia, co espectáculo “Un outro mundo por descubrir; as viaxes de Irene”.
Foi unha sesión moi didáctica sobre outors países, os seus costumes, a flora e a fauna etc…O público fixo unha valoración positiva dunha actuación na que ademais de escoitar contos puideron sentir os aromas das especias orientais e mesmo tocar area do deserto…


Séguenos